Unha sátira na que un rapaciño miope, provinciano e desprovisto de sentido do humor irrompe no frío paraíso dun matrimonio de novos ricos berlineses. A muller seduce ao recén chegado e convérteo no seu amante. Pouco despois convénceo para intentar eliminar o marido. Publicada orixinalmente en Berlín, a finais dos anos vinte, e reelaborada por Nabokov na ttradución ao inglés, a finais dos sesenta, Rey, Dama, Valet mostra unha forte influencia do expresionismo alemán, especialmente do cinematográfico, e contén un derroche de humor negro.
Benvidos á Biblioteca do IES Martaguisela. Actividades, suxestións, novidades, curiosidades.... todo isto e moito máis ten o seu oco nesta páxina. Compartide esta aventura!!
mércores, 4 de maio de 2016
xoves, 14 de abril de 2016
martes, 23 de febreiro de 2016
O achádego dun cadáver no encoro de Olba pon en marcha a narración. O seu protagonista, Esteban, viuse obrigado a pechar a carpintería da que era dono, deixando no paro aos que traballaban para el. Mentres se encarga de coidar a seu pai enfermo, Esteban indaga nos motivos dunha ruína que asume no seu dobre papel de vítima e verdugo, e entre estes cascallos atopamos os valores dunha sociedade, un mundo e un tempo. O benestar e o seu reverso a cobiza e os falsos proxectos, convertidos en materiais de derribo.
O luns 11 de abril ás 17:30 reunirémonos para comentalo.
venres, 12 de febreiro de 2016
O luns 1 de febreiro tivemos a gran sorte de ter con nós a Raquel Queizás (http://www.raquelqueizas.com/). Ela foi a encargada de dirixir unha sesión de animación á lectura destinada ao alumnado de 1.º ESO. O acto levouse a cabo no escenario do salón de actos do centro, nunha ambientación misteriosa, posto que os relatos que se ían representar así o requerían: "A pata de mono" (W. W. Jacobs) e "A almofada de plumas" (H. Quiroga).
O alumnado gozou moito desta actividade interactiva na que tivo que resolver misterios e situacións conflitivas.
xoves, 11 de febreiro de 2016
É o libro máis lido e traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morren os paxaros".
O 15 de febreiro ás 17:30 reunirémonos para comentalo.
venres, 18 de decembro de 2015

Este libro, que se publicou por primeira vez en 1948, ten hoxe a consideración dun clásico da literatura. Baseada nunha lenda mexicana, conta a historia dunha perla, grande coma un ovo de gaivota, tan fermosa e perfecta como a lúa, que un día cambia dun xeito radical a vida de Kino e da súa familia. Dende entón, o propio Kino, a súa muller Juana e Coyotito, o fillo de ambos, vanse ver afectados pola posesión desta perla. A sorte desta familia humilde é seguida polo lector co dramatismo que Steinbeck lle imprime ao seu relato.
O día 11 de xaneiro reunirémonos para comentalo.
CHRISTIAN ESCUREDO CON NÓS
Christian Escuredo volveu ao seu antigo instituto o día 23 de novembro para presentar a súa última película A pesar de todo, quérote. O alumnado de 1.º de BAC tivo a gran oportunidade de coñecelo e falar con el da súa traxectoria artística. A película encantoulles, porque é unha mestura de amor e acción, pero, sobre todo, emocionoulles poder coñecer ao protagonista en carne e óso.
Queremos transmitirlle a Christian Escuredo o noso agradecemento por ternos regalado o seu tempo e amosarlle o noso orgullo por telo como antigo alumno do centro. Esperamos que o éxito continúe sorríndolle.
Queremos transmitirlle a Christian Escuredo o noso agradecemento por ternos regalado o seu tempo e amosarlle o noso orgullo por telo como antigo alumno do centro. Esperamos que o éxito continúe sorríndolle.
xoves, 19 de novembro de 2015

A busca da verdade como forza liberadora, como soporte ético imprescindible para sobrelevar o transcorrer dunha vida, está no centro desta novela maxistral.
Un pequeno castelo de caza en Hungría, ao pé dos Cárpatos, onde algunha vez se celebraron elegantes veladas nos seus salóns decorados ao estilo francés, cambiou radicalmente de aspecto.
Dous homes maiores, que foron amigos de mozos, cítanse para cear despois de moitos anos sen verse.
O día 30 de novembro reunirémonos ás 17:30 para comentalo
xoves, 18 de xuño de 2015
A primeira fin de semana de 1989 unha insistente chamada de teléfono arranca da súa resaca ao tenente Mario Conde, un policía escéptico e desenganado. El Viejo, o seu xefe na Central, chámao para encargarlle un misterioso e urxente caso: Rafael Morín, xefe da Empresa de Importacións e Exportacións do Ministerio de Industrias, falta do seu domicilio desde o día de Aninovo. Quere o azar que o desaparecido sexa un ex compañeiro de estudos de Conde, un tipo que xa entón, aínda acatando as normas establecidas, destacaba pola súa brillantez e autodisciplina.
Esperamos que esta lectura nos faga agradable o verán
Reunirémonos o día 21 de setembro ás 17:30
Esperamos que esta lectura nos faga agradable o verán
Reunirémonos o día 21 de setembro ás 17:30
venres, 5 de xuño de 2015
luns, 25 de maio de 2015
Celebración do Día do libro 2015
O pasado 23 de abril, coincidindo coa celebración do cuarto centenario da publicación do Quixote, Saúl Vega Chimeno de 1º de bacharelato e Saúl Rodríguez Regueira e Ana Cao Cao de 4º de ESO, representaron unhas adaptacións de dúas escenas da novela de Cervantes, baixo a preparación e coordinación das profesoras Marta Cortés Fernández e Mª Luísa Rigueira Rodríguez. As representacións tiveron lugar nas aulas do centro para que puideran chegar a todo o alumnado e persoal docente e non docente.
A primeira é a famosa escena dos muíños na que Don Quixote se enfronta a eles tomándoos por xigantes.
Na seguinte escena Don Quixote da consellos a Sancho Panza antes de que se converta en gobernador da "ínsula Barataria"
O 15 de novembro de 1959, nunha aldea de Kansas, os catro
membros da familia Clutter foron asasinados na súa
casa. Os crimes eran, aparentemente, inmotivados, e non se acharon as claves que permitiran identificar os asasinos. Cinco anos despois,
Dick Hickcock e Perry Smith foron aforcados como culpables das
mortes.
O próximo 15 de xuño ás 19:30 reunirémonos para comentalo
O próximo 15 de xuño ás 19:30 reunirémonos para comentalo
luns, 20 de abril de 2015
Nesta novela Begoña Caamaño relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe, un dos mitos centrais da cultura europea. Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres.
O próximo 18 de maio ás 19:30 reunirémonos para comentalo
venres, 27 de marzo de 2015
mércores, 4 de marzo de 2015
A peste narra as consecuencias do illamento de toda unha
cidade, o que pon de manifesto o mellor e o peor que cada un dos seus cidadáns leva dentro: os seus medos, as súas traizóns,
o individualismo, mais tamén a solidariedade, o espírito de colaboración cos
demais en tarefas comúns. Novela apaixonante, de grande densidade de pensamento
e de profunda comprensión do ser humano, que se converteu nun dos clásicos máis
indiscutibles da literatura francesa de todos os tempos.
PRÓXIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA: LUNS 13 DE ABRIL, ÁS 19.30.
martes, 9 de decembro de 2014

A
través do seu personaxe protagonista, Álvaro Mendiola, Juan Goytisolo
busca, entre materiais tan diversos como cartas, fotos, mapas, papeis,
informes e conversacións, unha identidade desdebuxada tras o seu paso polo exilio. Sen sentirse francés, pero sen recoñecerse como español, o
alter ego do autor disponse a buscar unhas raíces difusas entre a mestura de voces que acha ao regresar a unha
España moi distinta da que abandonou tras a Guerra Civil. Primeira
novela da triloxía protagonizada por Álvaro Mendiola —que se completa
con Reivindicación del conde don Julián e Juan sin tierra—, Señas de
identidad pronto se converteu nun referente da novela española de
posguerra tras a súa primeira publicación en México en 1966. Con esta
sorprendente obra, Goytisolo pechou unha etapa realista para adentrarse
nun periodo de experimentación que lle propiciou o recoñecemento das
letras españolas.
mércores, 29 de outubro de 2014
Sofía de los presagios
A próxima reunión do club de lectura será o 24 de novembro ás 17:30. O libro sobre o que falaremos é Sofía de los presagios de Gioconda Belli
Á idade de sete anos, a pequena Sofía pérdese entre a xente mentres os seus pais discuten e se desprazan atropeladamente os xitanos. Aínda que o destino lle brinda outros país entrañables e un mundo novo, tamén a enfronta a moitas situación dolorosas e á prepotencia patriarcal de René, un marido que a encerra e a deixa sen a súa liberdade. Protexida por seres dotados dunha sabedoría milenaria, o sangue e a rebeldía xitanas de Sofía impóñense a través de rituais e cerimonias antigas, que a conducen cara a súa verdadeira orixe e a dar, por fin, co amor da súa vida. Sofía de los presagios permítenos adentrarnos no mundo máxico dunha das grandes narradoras do noso tempo. Como xa fixera en La mujer habitada, Gioconda Belli debuxa unha personaxe feminina fascinante, guiada polo seu instinto natural, que se perfila como o epicentro dun universo literario cargado de sensualidade, erotismo e feminidade.
mércores, 8 de outubro de 2014
QUEN NON ADORA A DORA?
A próxima reunión do club de lectura será o 27 de outubro ás 17:30. O libro sobre o que falaremos é Quen non adora a Dora? (Na morna luz do esquecemento)
Acompañaranos o seu autor Basilio Cobo Rodríguez
SINOPSE
Mercedes, unha rapaza galega de 14 anos vírase obrigada polas circunstancias -a morte accidental do seu pai- a emigrar á Habana na procura dos aforros desaparecidos que este tiña preparados para o seu retorno inmediato a España.
Tarda en dar cun amigo do seu pai, que co seu silencio, responde a todas a todas as súas preguntas. A vida segue, e 15 anos despois, xa en Galiza durante a Guerra Civil, Mercedes e a súa cuñada máis nova, Dora, buscarán infrutuosamente respostas que permitan liberar da cadea a Henrique, marido de Dora.
O destino levará a Mercedes a atoparse co mesmo esclarededor oráculo que deixara perdido na Habana.
A Habana, o Valdeorras e Bos Aires son a xeografía física e política desta vibrante historia de amor, vida e morte que protagonizan homes e mulleres do común durante a primeira metade do século XX.
Acompañaranos o seu autor Basilio Cobo Rodríguez
SINOPSE
Mercedes, unha rapaza galega de 14 anos vírase obrigada polas circunstancias -a morte accidental do seu pai- a emigrar á Habana na procura dos aforros desaparecidos que este tiña preparados para o seu retorno inmediato a España.
Tarda en dar cun amigo do seu pai, que co seu silencio, responde a todas a todas as súas preguntas. A vida segue, e 15 anos despois, xa en Galiza durante a Guerra Civil, Mercedes e a súa cuñada máis nova, Dora, buscarán infrutuosamente respostas que permitan liberar da cadea a Henrique, marido de Dora.
O destino levará a Mercedes a atoparse co mesmo esclarededor oráculo que deixara perdido na Habana.
A Habana, o Valdeorras e Bos Aires son a xeografía física e política desta vibrante historia de amor, vida e morte que protagonizan homes e mulleres do común durante a primeira metade do século XX.
domingo, 3 de novembro de 2013
martes, 14 de maio de 2013
luns, 25 de febreiro de 2013
RECITANDO A ROSALÍA
Esta foi a nosa aportación á homenaxe a Rosalía de Castro. Lembrámola recitando algúns dos seus poemas na aula.
luns, 10 de decembro de 2012
Hablan los chinos (Ana Fuentes)

Bárbara Bello (4.º ESO).

Todos sabemos que China se está a converter nunha gran potencia mundial, e que cada vez máis se fai referencia ao seu mercado. Escóitase mandarín por todas partes, que vai ser o idioma do futuro coma o é agora o inglés, e se aprendes este idioma choverán ofertas de traballo...
Todo isto é a novidade, a entrada triunfal de China no mercado, mais ben é como a expansión do mundo oriental no occidental, ao revés do que acontecera hai uns séculos, nos cales occidente era a emerxente, a que abarcaba todo e era o futuro, a potencia.
Neste libro a autora trata de facer fincapé nun erro que me parece bastante grave: a nosa imaxe sobre China. Nós vémola coma un conxunto, un país forte e unido que quere facerse notar no mundo, pero non reparamos en todas as inxustizas que acontecen nel. Non é un país que só sirva para o traballo, senón que os seus habitantes teñen unha gran capacidade de sacrificio, por iso vemos a China coma una patria sacrificada que sempre seguirá así, cuns habitantes que soportarán esa situación.
Pero isto non se corresponde coa realidade. Por iso Ana Fuentes achéganos dez relatos persoais que abarcan distintos conflitos e situacións inxustas. É unha chamada ao cambio, á denuncia e á xustiza, expresada como o que é en realidade a vida, as vidas destas persoas.
Bárbara Bello (4.º ESO).
luns, 12 de novembro de 2012
Era un día triste e gris. Chovía con forza, e os camiños estaban encharcados. Ninguén podía saír da casa sen arriscarse a quedar atrapado na lama do camiño. A aldea estaba illada. Por iso, aquel día, a familia estaba xunta. O pai non fora traballar ao igual que o irmán, e a nai e a filla non foran á aldea nin traballar na horta. Reuníronse todos a carón do lume xunto co can, que agora durmiñaba sobre as pernas da filla. Estaban ceando. Eran pobres, polo que non tiñan moito que comer e, ademais, a choiva que caía ía arruinar a maior parte dos alimentos da horta. así que comían amodiño, con medo de derramar a sopa de col que tiñan por cea. Xa estaban rematando cando chamaron á porta. Foron tres golpes secos que resoaron por toda a casa. Foron tres golpes decididos, que non dubidaron. Non foron golpes apremiantes como os de quen ten présa por resgardarse da choiva, senón de quen non ten présa, de quen sabe que acabaría de entrar no lugar. Pero a famila nada disto pensou. Non eran xente de moitas luces, e non pensaron en que estaba chovendo a arroiar e que era case imposible que alguén lograra chegar ata alí, co barro que había no camiño, no que te afundías ata os xeonllos se non tiñas coidado. Así que a nai foi abrir. E cando abriu a porta...
Non había ninguén. Nin sequera había un rastro de pegadas. Unicamente chovía. Así que pechou a porta e volveu ao seu lugar, xunto ao seu marido. Pero non se acabara de acomodar cando a porta volveu soar. Pum, pum, pum. Tres golpes idénticos aos da primeira vez. Nesta ocasión foi toda a familia á porta. Tiñan todos moita curiosidade por saber quen petaba na porta. O único que quedou xunto ao lume foi o can. Abriron a porta e... Nada outra vez. O pai asomou a cabeza pola porta e mirou, pero non había ninguén fóra. Confusos, regresaron xunto ao lume. Pero alí xa os agardaba alguén. Era un home alto, vestido cunha capa negra. Levaba a cara tapada por unha carapucha, polo que só lle vían o queixo. Na man sostiña o can ensangrentado e, indudablemente, morto. Os ollos brancos miraban sen ver os seus donos. O sangue esparcíase polo chan, goteaba dende o peito do que fora o único compañeiro da nai e a filla mentres agardaban na casa. Asustados pola espantosa visión, retrocederon. O home permaneceu inmóbil. Enchéndose de coraxe, o pai preguntoulle ao descoñecido qué era o que buscaba naquela casa, qué dereito tiña para matar ao can e quen demo era. O home soltou o can e, moi lentamente, baixou a carapucha. E o rostro quedou descuberto. A familia quixo gritar, pero ningún son saíu das súas gorxas. O rostro daquel home era horrible, case imposible de describir, e non polo aspecto en si mesmo, xa que podería pasar por un home calquera se non fose polas gretas. Unhas enormes gretas cruzaban as súas faccións, e delas saían bechos e goteaba sangue. Os seus ollos eran negros, dun negror imposible de describir. A boca era unha liña apenas definible. Estaba cosida. Víanse con claridade as puntadas. Era máis espantallo que home. Un espantallo creado polo propio Satanás. A familia abrazouse e viron como o demo se achegaba a eles. Un grito resoou entón polo val, pero ninguén había alí para escoitalo. Ninguén puido saír da súa casa pero, aínda que o fixese, non serviría para nada. Non hai nada que facer cando o demo te ten no punto de mira. E mentres, seguía chovendo.
Ao día seguinte xa non chovía e os camiños estaban secos e transitables. Foi por iso que uns veciños foron á casa da familia. Concertaron co pai verse o día anterior para falar sobre a cura duns cabalos que tiñan, xa que o home tiña man de santo cos animais. Chegaron e petaron na porta, pero ninguén abriu. Iso estrañoulles moito e, ao non escoitar tampouco o can, preocupáronse. Que lles pasaría? Abriron a porta a patadas e miraron no interior da casa. E quedaron mudos de horror. Os corpos estaban colgados do teito, como macabras bonecas. As cuncas dos ollos baleiras e a expresión de terror aínda debuxada na cara de todos. Polo chan quedaba o sangue reseco, sobre o que correteaban miles de bechos. O fedor era insoportable naquel lugar. O veciños fuxiron gritando.
A partir daquel día, cada mes desaparecía unha persoa, que logo era atopada nos arredores da casa en condicións similares ás da familia, e sempre sen os ollos. E pronto, non quedou ninguén.
Andrea Barreiro Deus (4º ESO)
xoves, 25 de outubro de 2012
Kafka en la orilla
Kafka en la orilla é unha novela de corte fantástico escrita polo autor xaponés Haruki Murakami. Nela, atopamos dúas historias paralelas vinculadas entre si que conflúen nunha soa. A primeira, está protagonizada por Kafka, un adolescente tímido e inseguro que foxe da súa casa co propósito de evitar o destino que lle vaticina seu pai. Por outra banda, temos a de Nakaba, un entrañable ancián que, a causa dun accidente acontecido durante a súa infancia, posúe a facultade de falar cos gatos.
Durante a novela vai estar moi presente a fantasía, que se mestura coa realidade a cada momento, impedindo, en ocasións discernir o cotián do inverosímil. Cobra importancia o mundo onírico, que goza dun simbolismo transcendental na trama e que configura o comportamento do protagonista. Este vai emprender unha viaxe en busca de respostas, que o levará ata unha biblioteca, onde coñecerá a personaxes moi excéntricos, que colaboran na creación desa atmosfera fantástica.
Pero esta viaxe non só vai ser física, xa que tamén é unha viaxe interior coa que Kafka espera obter a madurez suficiente para enfrontarse á vida. Kafka en la orilla é unha novela peculiar, extravagante e ás veces confusa, pero altamente recomendable. A velocidade do ritmo narrativo permite ler de maneira rápida e sinxela, suscitando así o interese do lector. En definitiva, animo a todos a gozar desta lectura que, sen dúbida, non deixará indiferente a ninguén. (Pablo Folla, 2º BAC)
LECTURAS PARA O SAMAÍN
Coa chegada do Samaín as noites son máis longas, a choiva e o vento petan nas nosas ventás e todo se prepara para crear o ambiente propicio á lectura de terror.
LECTURAS PARA 2.º CICLO DE ESO
LECTURAS PARA BACHARELATO
sábado, 6 de outubro de 2012
La guerra que no
cesa.
Comentario a "El agujero de Helmand", de Carlos Fidalgo, editado por
Menos Cuarto.
Por Amancio Delgado Álvarez
Asombro. Es la principal impresión que me causó este libro editado en
2011 tras ser premiado en el concurso santanderino de Novela Fantástica
"Tristana".
Asombro por varias razones. La primera: lo bien escrito que está. Se lee
de un tirón, con gusto. Lo empiezas con la cosa de abordar a un "nuevo autor",
esperando encontrar algún rasgo de pesadez que soportar en base a la
experiencia, y te encuentras con un texto de lo más depurado. Conciso, certero.
Sobre un tema difícil, la guerra de Afganistán. Desde una innovadora óptica de
novela negra americana.
Otra razón de asombro: lo bien documentado que semeja. ¿Será que el autor
ha deambulado por Afganistán y sus cuitas? ¿O tendrá algún familiar o amigo que
le informa?
Otra razón de asombro: la bonita edición que enmarca a la obra. Índice de
lo bien que sabemos editar en este país, a pesar de que ningún proyecto
editorial que no se tropiece con alguna bicoca tiene ninguna posibilidad
rentable de mantenerse.
Y luego conocí al autor cuando tuvo a bien venir a departir con los
miembros del Club de Lectura de la Biblioteca del Instituto Martaguisela en O
Barco de Valdeorras. Otra razón de asombro: ¿cómo puede hablar así de bien de la
guerra de Afganistán un ponferradino que seguramente ni ha hecho la mili? Pues
mira, según confesó, por las posibilidades de documentación de Internet. Para
que los tecnófobos tomen nota, que la Red sirve para algo más que para
estropearnos la convivencia.
Carlos Fidalgo (nada que ver con Fidalgo Piensos, me lo preguntan
siempre). Un nuevo autor a tener en cuenta. Pulcro, directo, meticuloso. No
encontré ninguna errata en la edición, pero lo asombroso no fue eso, sino que al
comentárselo al autor no le asombró "me han dicho que hay una, pero no recuerdo
dónde", dijo, haciendo ver que había estado muy al tanto de la corrección de
galeradas. Otro dato asombroso cuando sabemos lo chapuzas que se puede llegar a
ser con las nuevas tecnologías. Como "está hecho con ordenador..." damos
erróneamente por supuesto que el ordenador tiene algún tipo de inteligencia
correctora que evita los fallos.
En fin, sorpresivo y altamente recomendable. Quien quiera conocerle
mejor, tiene disponible su primer libro, anterior a éste, "El país de las
nieblas " en el IEB (Instituto de Estudios Bercianos). http://www.ieb.org.es/index1.htm.
Por si no
funcionase la web, que no sólo de bits vive el hombre, también se puede pedir
por teléfono o por correo de Correos:
Instituto de Estudios Bercianos
Calle Río Oza, 6
24402 - Ponferrada. León
Fono: 987 401 954.
xoves, 12 de maio de 2011
Don Quijote y el día del Libro
Después de más de cuatrocientos años, “en un lugar del IES Martaguisela...” concretamente, en la clase de 3º ESO A, los alumnos recuerdan y versionan a través de sus propios dibujos, la obra cumbre de la Literatura Universal.
A Semana da Poesía
Co lema "Ser poeta é ser máis alto" celebramos a Semana da Poesía no Martaguisela. A poesía invadiu por uns días o Centro e foi a protagonista de diversas actividades: o concurso do rastreador de versos, o recital de poesía dos alumnos de 1º, os xogos da caza ao tesouro. Todos rematamos estes días co verso de Oquendo de Amat: PROHIBIDO ESTAR TRISTE
mércores, 11 de maio de 2011
Chegada de novas novelas gráficas
Ola a todos, esta semana contamos con numerosas novidades en novelas gráficas. Adolf, El invierno del dibujante, El arte de volar, La isla del tesoro... e moitas máis que están esperando por vos na Biblioteca. Tedes xéneros para todos os gustos: clásicos adaptados, manga, histórica, fantástica... Lanzádevos a por elas! Non vos defraudarán.
mércores, 27 de abril de 2011
Día do Libro
Co motivo do Día do Libro (23 de Abril) deixámosvos un vídeo musical, canto menos orixinal, sobre os efectos da lectura.
Por certo, alguén sabe os motivos polos que se escolleu este día?
Por certo, alguén sabe os motivos polos que se escolleu este día?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















