luns, 10 de decembro de 2012

Hablan los chinos (Ana Fuentes)

Portada de Hablan los chinos
Todos sabemos que China se está a converter nunha gran potencia mundial, e que cada vez máis se fai referencia ao seu mercado. Escóitase mandarín por todas partes, que vai ser o idioma do futuro coma o é agora o inglés, e se aprendes este idioma choverán ofertas de traballo... 

Todo isto é a novidade, a entrada triunfal de China no mercado, mais ben é como a expansión do mundo oriental no occidental, ao revés do que acontecera hai uns séculos, nos cales occidente era a emerxente, a que abarcaba todo e era o futuro, a potencia.
Neste libro a autora trata de facer fincapé nun erro que me parece bastante grave: a nosa imaxe sobre China. Nós vémola coma un conxunto, un país forte e unido que quere facerse notar no mundo, pero non reparamos en todas as inxustizas que acontecen nel. Non é un país que só sirva para o traballo, senón que os seus habitantes teñen unha gran capacidade de sacrificio, por iso vemos a China coma una patria sacrificada que sempre seguirá así, cuns habitantes que soportarán esa situación.
Pero isto non se corresponde coa realidade. Por iso Ana Fuentes achéganos dez relatos persoais que abarcan distintos conflitos e situacións inxustas. É unha chamada ao cambio, á denuncia e á  xustiza, expresada como o que é en realidade a vida, as vidas destas persoas.

Bárbara Bello (4.º ESO).

1 comentario:

  1. O interese polo Oriente segue aumentando. Neste enlace pódese encontrar un comentario á obra Kokoro, de Natsume Soseki un "broche literario a la era Meiji, que va desde 1868 a 1912" según dí lo autor.
    http://laantiguabiblos.blogspot.com.es/2013/09/kokoro-natsume-soseki.html

    ResponderEliminar