Amosando publicacións coa etiqueta A NÓS GUSTOUNOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A NÓS GUSTOUNOS. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de decembro de 2012

Hablan los chinos (Ana Fuentes)

Portada de Hablan los chinos
Todos sabemos que China se está a converter nunha gran potencia mundial, e que cada vez máis se fai referencia ao seu mercado. Escóitase mandarín por todas partes, que vai ser o idioma do futuro coma o é agora o inglés, e se aprendes este idioma choverán ofertas de traballo... 

Todo isto é a novidade, a entrada triunfal de China no mercado, mais ben é como a expansión do mundo oriental no occidental, ao revés do que acontecera hai uns séculos, nos cales occidente era a emerxente, a que abarcaba todo e era o futuro, a potencia.
Neste libro a autora trata de facer fincapé nun erro que me parece bastante grave: a nosa imaxe sobre China. Nós vémola coma un conxunto, un país forte e unido que quere facerse notar no mundo, pero non reparamos en todas as inxustizas que acontecen nel. Non é un país que só sirva para o traballo, senón que os seus habitantes teñen unha gran capacidade de sacrificio, por iso vemos a China coma una patria sacrificada que sempre seguirá así, cuns habitantes que soportarán esa situación.
Pero isto non se corresponde coa realidade. Por iso Ana Fuentes achéganos dez relatos persoais que abarcan distintos conflitos e situacións inxustas. É unha chamada ao cambio, á denuncia e á  xustiza, expresada como o que é en realidade a vida, as vidas destas persoas.

Bárbara Bello (4.º ESO).

xoves, 25 de outubro de 2012

Kafka en la orilla

Kafka en la orilla é unha novela de corte fantástico escrita polo autor xaponés Haruki Murakami. Nela, atopamos dúas historias paralelas vinculadas entre si que conflúen nunha soa. A primeira, está protagonizada por Kafka, un adolescente tímido e inseguro que foxe da súa casa co propósito de evitar o destino que lle vaticina seu pai. Por outra banda, temos a de Nakaba, un entrañable ancián que, a causa dun accidente acontecido durante a súa infancia, posúe a facultade de falar cos gatos.
Durante a novela vai estar moi presente a fantasía, que se mestura coa realidade a cada momento, impedindo, en ocasións discernir o cotián do inverosímil. Cobra importancia o mundo onírico, que goza dun simbolismo transcendental na trama e que configura o comportamento do protagonista. Este vai emprender unha viaxe en busca de respostas, que o levará ata unha biblioteca, onde coñecerá a personaxes moi excéntricos, que colaboran na creación desa atmosfera fantástica.
Pero esta viaxe non só vai ser física, xa que tamén é unha viaxe interior coa que Kafka espera obter a madurez suficiente para enfrontarse á vida. Kafka en la orilla é unha novela peculiar, extravagante e ás veces confusa, pero altamente recomendable. A velocidade do ritmo narrativo permite ler de maneira rápida e sinxela, suscitando así o interese do lector. En definitiva, animo a todos a gozar desta lectura que, sen dúbida, non deixará indiferente a ninguén. (Pablo Folla, 2º BAC)