luns, 25 de maio de 2020

Hoxe recomendamos


É un libro para todas as idades onde podes desfrutar dunha historia entretida que varía segundo quen a conte pois, cada persoa ve a realidade de distintas maneiras e non sempre existe unha única verdade". Axuda a practicar a empatía e a afrontar as dificultades que presenta a vida mesma.
Maite Núñez

É unha historia incrible e inspiradora. Móstranos o vulnerables que somos todos en determinadas situacións e o crueis que poden ser moitos nenos xulgando aos demais unicamente polas súas aparencias. Toca un tema moi destacable  na actualidade: o bullying. A forma na que nolo mostra é moi profunda, xa que nos ensina como o viven os que o sofren pero tamén os que o provocan. Ensinoume que aínda que todos non sexamos iguais, merecemos ser tratados do mesmo modo e sempre con respecto. Ademais fíxome reflexionar outra vez diferentes aspectos da miña vida que grazas a miña experiencia persoal puiden abordar mellor. É unha lectura que todos deberiamos ler para razoar e saber o que de verdade senten aquelas persoas que o sofren  e así poder axudalas.
Marta Cao
As razóns polas que todo o mundo debería ler este libro son moitas, pero as máis destacadas son as seguintes. Este relato axuda a sensibilizar aos máis pequenos contra o acoso escolar xa que vemos a dor que provoca en August e como se ven afectados os seus sentimentos. Por outra parte, este libro axúdanos a normalizar e a aceptar a este tipo de nenos e nenas xa que se mostra que é un neno como os demais, que lle gusta divertirse, que lle encantan os astronautas , que lle encanta falar coa xente. Ademais de toda a empatía que provoca en nós, tamén queda reflectida a forza de superación que ten August, e todo isto fai darnos conta que cando as cousas se poñen difíciles, nunca hai que renderse. Ao principio será duro, pero neste caso, se August é una boa persoa, iso primará máis que todos os seus “defectos”, por chamalos de algún modo. O importante é a esencia, e non como pensa a xente a estética. É por último, pero non menos importante, a familia. Neste libro, amósase que August ten una familia peculiar, na que por parte do pai e da nai xorden inseguridades e temores sobre o seu fillo. Pero o que realmente importa, é que estes pais e a súa irmá, como todas as familias sempre queren o mellor para ti, e axudaranche sempre que o necesites. A familia sempre está aí, para o bo e o non tan bo.


Sandra Ramos 




xoves, 21 de maio de 2020

Hoxe recomendamos


Vou recomendar o libro titulado El Lazarillo de Tormes. Fala da vida dun neno chamado Lázaro que naceu en Salamanca. Este mozo vese obrigado a traballar de servinte para 7 persoas, ás cales vai presentando nos tratados.
Recomendo este libro porque é unha historia que representa como se vivía naquela época. Ademais é un claro exemplo de superación e reflicte moi ben o amor propio. É moi divertida e espontánea a forma na que Lázaro explica a súa vida,  é un libro que non podería chegar nunca a aburrir a ninguén. É un clásico da literatura española e creo que hai que lelo para ter máis cultura.
María Tamayo

mércores, 20 de maio de 2020

Hoxe recomendamos








     Recomendo este libro porque ás veces vai falta ver as cousas desde outra perspectiva, non centrarnos tanto no noso parecer, e situarnos na vida doutra persoa, neste caso dun neno con cancro; podemos ver as súas experiencias cando estaba no hospital, a xente coa que falaba, as persoas que de verdade o axudaron... e comparar as situacións de forma que apreciaremos máis o que temos.
       David Cao


martes, 19 de maio de 2020

Hoxe recomendamos


Recomendo este libro porque é un compendio de sete historias curtas de fantasía inspiradas en varios contos clásicos pero dende un punto de vista máis cruel e escuro, que narran as desventuras dun cazador de monstros coñecido como Geralt de Rivia".
Juanjo Franco

luns, 18 de maio de 2020

Hoxe recomendamos



Un dos meus libros favoritos é a saga de libros de  Cazadores de sombras los orígenes porque conta as orixes duns libros que lera cando era máis pequena e ademais están ambientados no 1800 e permíteche ver como era a vida naquel entón pero con un toque de ficción que me gusta moito. Ademais as portadas son moi bonitas e cada unha representa a un protagonista da historia e é moi orixinal.
Esther Ramos

venres, 15 de maio de 2020

Hoxe recomendamos






As nosas recomendacións de hoxe son unha homenaxe á figura inmensa de don Ricardo Carvalho Calero. 

mércores, 13 de maio de 2020

Hoxe recomendamos


Paréceme un libro que te intriga moito e fai que se lea nun momento. A protagonista cre que coñece a alguén da súa idade, pero Internet dá moitas sorpresas.
Pablo Conde

martes, 12 de maio de 2020

Hoxe recomendamos


A lingua das bolboretas
Elixo este relato polo moito que me asombrou cando era pequena. Con tan só uns poucos anos, collín o libro da miña irmá e comecei a lelo. Encantárame a máxica relación que tiñan o profesor e mais o neno protagonista. E como ao neno lle comezará a gustar o colexio grazas á amizade que fixera co mestre, que lles ensinaba as bolboretas nalgunha excursión que fixeran. Explicáballe ao neno como era a lingua das bolboretas e a min gustárame moito a súa peculariedade. No contexto da guerra civil onde os nacionais buscaban aos republicanos (un deles o profesor) para matalos.
Un libro entenrecedor e que me gustara moito polos temas que trataba (educación, inxustiza da guerra...)
Beatriz Nogueira

luns, 11 de maio de 2020

Hoxe recomendamos

Gustoume xa que me parece unha historia moi conmovedora ao mesmo tempo  ten a súa parte de intriga e acción, tamén trata unha parte de amor prohibido por así dicilo, e tamén ten unha  parte soñadora.
      O  título do libro ten gran ligazón cun suceso que marca a historia do libro.
      Eu recomendo moito este libro xa que me parece que ten un pouco de todo o que    nos pode chamar a atención.

                   Alexandra Arias

venres, 8 de maio de 2020

Hoxe recomendamos




É un libro que trata da procura do protagonista de si mesmo mentres vai medrando de neno a adulto coa axuda dun mozo moi peculiar, Demian, que funciona como un guía para o protagonista. En resumo, é a viaxe interna do protagonista tentando aceptar todas as partes de si mesmo incluíndo as máis escuras. Este libro gústame debido a que estes personaxes axudan a coñecernos máis. O mellor do libro son as reflexións que ofrece, que dan que pensar sobre bastantes aspectos da vida. Como a sociedade e relixión nos escraviza, como afronta o mundo a chegada dunha guerra e o ben e o mal. Este último aspecto é no que máis se centra o libro facendo preguntas do tipo ¿o considerado “malo” é sempre malo? Sen dúbida un libro que dá que pensar.
Mª Belén Soria 

xoves, 7 de maio de 2020



 Recoméndovos o libro "Casi sin querer". É un libro de poesía contemporánea  onde  hai  poemas que tratan sobre o amor, a amizade, a tristeza, a alegría, etc. O libro consta de 134 poemas, máis 42 frases incorporadas. Cada poema e cada frase tratan dun tema diferente, e caracterízanse polo seu valor único, o amor. O autor deste libro chámase José A. Gómez Iglesias, coñecido como Defreds, está considerado un dos autores máis recoñecidos na nova onda da poesía. Un dos motivos de por que o recomendo é porque en moitos dos seus poemas fala sobre a motivación, e o amor propio. O meu poema favorito é "Heridas e tiritas".


Marta Álvarez

mércores, 6 de maio de 2020

Hoxe recomendamos




A miña recomendación esta vez é a novela El psicoanalista, de John Katzenbach. É un libro de suspense cunha trama incrible que presenta uns xiros dramáticos que fan que non poidas deixar de ler nin un só minuto.            Sara Moldes


luns, 4 de maio de 2020

Hoxe recomendamos





Vou recomendar La vida en la antigua Roma, de Harold W. Jhonston, que xa é tamén el un clásico no estudo da antigüidade romana, pois, publicado no 1903 nos EEUU, reeditouse varias veces por non ter quedado aínda desfasado e supoñer unha ferramenta de utilidade para o estudo desa época. No 2010 publicouno traducido Alianza Editorial. A pesar de que a priori pode parecer un tostón, resulta moi ameno, pois está estruturado en parágrafos, podendo consultar os que máis interese esperten sen necesidade dunha lectura lineal nin continua. Mestura coñecementos moi fundamentados sobre distintos aspectos da vida cotiá romana dun xeito moi divulgativo, tocando distintos aspectos, como a educación, a vivenda, o matrimonio, a alimentación, etc. Seguramente levará tamén a comparar o noso día a día co dos romanos, nun momento que nos está ensinando que as circunstancias obrigan a certos xeitos de vivir que, en circunstancias normais, pareceríannos impensables. E axudará a ver que o ser humano segue a ter as mesmas emocións e necesidades básicas independentemente do lugar onde naza ou da época que lle toque vivir.
Pilar Alonso

xoves, 30 de abril de 2020

Hoxe recomendamos




Un dos meus libros favoritos é La niña que recorrió tierra fantástica en un barco hecho por ella misma unha obra chea de aventuras que segue a historia dunha nena e a súa viaxe por lugares fantásticos. Unha das mellores características deste libro son os personaxes e todos os animais fantásticos que aparecen. Este é un libro perfecto para todos aqueles aos que lles fascine esa temática, podendo ser comparado con outras obras coma Alicia no país das marabillas.

Lidia López

mércores, 29 de abril de 2020

Hoxe recomendamos


   CARTA AL MUNDO

Mejor desencontrarnos -
Tú ahí — Yo — aquí
  con la puerta abierta

 que el Océano es — y la plegaria

 y ese Blanco Sustento —
 la Desesperación       
 

Son versos recollidos dos poemas que forman " Carta al mundo",  de Emily Dickinson, poeta estadounidense do século XIX. Ela sentía pánico ao exterior, a súa vida transcorreu nunha habitación, a través dunha ventá cara ao mundo. Só alguén que experimenta o sentimento de illamento e clausura tan ben coma ela pode concentralo en tres versos ( son os que destaco en negriña ).  Hoxe, a meirande parte de nós, pode que entendamos mellor a esta poeta que tan ben e con tan poucas palabras soubo resumir este desacougo actual no que vivimos. 

    Marta Cortés


martes, 28 de abril de 2020

Hoxe recomendamos




Resumo do libro
Niko Mir, era un rapaz solitario de 14 anos, non se imaxina as consecuencias que lle carrexará non seguir o camiño que cada día recorre para chegar a o instituto. Ao variar a súa ruta, descobre unha casa que nunca antes vira. Atraído pola curiosidade se entrará nela e  verase inmerso nun estraño universo. Dentro do mundo cuántico no que ocorren cousas sorprendente.

Gustoume moito xa que é un libro que ten unha historia interesante que non te aburre e sobre a marcha vai deixando enigmas e explicacións científicas sobre as células que son moi fáciles de entender. 
                                                 Mario Álvarez



luns, 27 de abril de 2020

Hoxe recomendamos






O libro que eu recomendo é Anagnórise. É un libro que volvería ler unha e outra vez é nunca me cansaría. A relación de Nicolau coa muller que o leva no coche encantoume, o misterio ata o último momento fai que a historia sexa marabillosa, tamén o recomendo porque foi unha novela que conseguiu evadirme da miña realidade para centrarme na que ocorría nesa viaxe. Sen dúbida un dos meus libros favoritos.
Amparo Laura Rodríguez

venres, 24 de abril de 2020

Hoxe recomendamos




Donde los árboles cantan

Gustoume este libro porque me enganchou bastante a historia de amor e ese toque de fantasía que ten.


Andrea Fernández

xoves, 23 de abril de 2020

Día do libro



Ana Fernández do Departamento de Lingua Galega quixo celebrar o Día do Libro mesmo desde o confinamento elaborando un vídeo. Con el queremos render unha homenaxe a toda a comunidade educativa e moi especialmente ao noso alumnado

Hoxe recomendamos





Por estar recente o pasamento de Luis Sepúlveda préstame facerlle esta humildísima homenaxe de propor un libro seu que, no seu día, moito me gustou: Un viejo que leía novelas de amor .


 Manuela Fernández


martes, 21 de abril de 2020

Hoxe recomendamos









Recomendo O Mundo de Sofía, para aqueles interesados na filosofía. É unha forma entretida de coñecer a historia dos grandes pensadores.


Inés Cao

luns, 20 de abril de 2020

Hoxe recomendamos





Guardianes de la Ciudadela I. El Bestiario de Axlin
Recomendo este libro, porque é unha novela que che fai ter os ollos abertos fronte ao perigo dos monstros. Axlin, a nosa protagonista, cre que para defenderse mellor hai que coñecelos, polo que emprende unha dura, longa e perigosa viaxe a través dos infestados camiños para completar o seu bestiario. Embárcate nunha aventura chea de romance, acción, terror e suspense. Listo para empezar?


Andrea Paradelo

venres, 17 de abril de 2020

Hoxe recomendamos





Recomendo este libro porque se es unha persoa á que lle gustan os libros de misterio e á vez con historias de amor polo medio, este libro é unha boa opción para escoller. Ademais, é un libro no que se pode identificar un mesmo con personaxes ou nalgunha situación que suceda. Por último, gustaríame engadir que é moi divertido de ler e non é complicado.

Candela Fusaro

8 de marzo













Para conmemorar o Día da Muller, o alumnado de 1º de BAC de Artes elixiu unha muller que consideraban importante e despois de informarse sobre ela, fixeron retratos de grande calidade
Este é o fermoso resultado do Obradoiro que se impartiu na biblioteca do centro os días 19 e 20 de febreiro e no que participou o alumnado de 2º da ESO. Elaboraron diferentes tipos de máscaras.

xoves, 16 de abril de 2020

Para conmemorar o Día de Rosalía, o noso alumnado de 2º de ESO e de 2ª de BAC escolleu os seus poemas favoritos e púxoos nas estrelas para que todo o alumnado do centro os puidese ler.

Visita da autora

O día 21 de febreiro o alumnado de 1º da ESO tivo a sorte de compartir coa autora Antía Yáñez as impresións que lles produciu a lectura da súa novela O misterio do torque de Burela. Moitas grazas por acompañarnos.

luns, 2 de marzo de 2020


          

                Un paseo literario: charla-coloquio con Paloma González Rubio

O 18 de febreiro, a escritora Paloma González Rubio trouxo o seu “a son de mar” ata o noso instituto. O alumnado de 2º da ESO e de  3º da ESO tivo o privilexio de compartir con ela as súas inquietudes sobre as obras que leron. En ambas, o mar é testemuña das historias de vida tanto en, João, galardonada co premio Alandar 2019; como na obra Aurora o nunca.

A través da mirada de João, personaxe protagonista da primeira de novela, descubriron outras realidades como os vagabundos de mar, un colectivo idéntico ao que temos na terra, pero tamén que a vida no mar non é materialista  e que non entende os despilfarros da terra.

Os alumnos de segundo viaxaron de novo a unha cidade costeira en Aurora o nunca, obra colectiva que espertou moita curiosidade.

Como colofón da charla, a autora asinoulles os exemplares dos libros lidos.










O luns 17 pola mañá puxémonos moi teatreiros para recibir a representación teatral Golpes da man de Estíbaliz Veiga. A actriz achegoulle ao alumnado de 3º da ESO e 4º da ESO unha nova mirada sobre a violencia de xénero que lles amosou unha realidade efecto dominó na nosa sociedade.

Esta actividade entra dentro do marco do Plan Proxecta que se desenvolve no centro coa liña Por 365 días de respecto e igualdade.


xoves, 20 de febreiro de 2020






«Ninguén pensa nunca que poida encontrarse cunha morta entre os brazos e que xa non verá máis o seu rostro». Isto é o que lle pasa ao narrador, Víctor Francés, guionista de televisión e «escritor fantasma», encargado de redactar os discursos de xente importante. 









O próximo luns 2 de marzo ás 17:30 reunirémonos para comentalo.

venres, 24 de xaneiro de 2020


                                                                                                                                                                         
Despois de moito tempo sen apenas verse nin tratarse, Gabriel decide chamar as súas irmás,  para celebrar o oitenta aniversario da nai e tratar así de reparar vellos rancores que os distanciaron durante tantos anos. Aurora, a confidente de todos, trata de disuadilo, porque teme que o intento de reconciliación agrave fatalmente os conflitos reprimidos. 

O próximo luns 27 de xaneiro ás 17:30 reunirémonos para comentalo.

mércores, 27 de novembro de 2019









Un neno escapado de casa, escoita os berros dos homes que o buscan. Cando a partida pasa, o que queda é a chaira infinita e árida que deberá atravesar se quere afastarse daquilo que o fixo fuxir. Unha noite, os seus pasos crúzanse cos dun vello cabreiro. Intemperie narra a fuxida dun neno a través dun país castigado pola sequía e gobernado pola violencia. Un mundo pechado, sen nomes nin datas, e sen moral.


O próximo luns, 16 de decembro reunirémonos para comentalo.

Samaín

 






                 



           Os rapaces e rapazas premiados no concurso dos relatos de terror en galego foron:

           1º de ESO Duarte Domínguez e Pablo Fernández
           2º de ESO Zoe Ramos
           3º de ESO  Antela Roo
     
          Os premiados polos relatos de terror escritos en inglés foron:
         
          1º de ESO Diego Nogueiras
          2º de ESO Miguel Ortiz

xoves, 14 de novembro de 2019

Club de lectura








Despois de comentar Germinal e O Cabo do Mundo, comentaremos este libro de Marco Balzano.



Cando a guerra chega á porta da casa, a poboación foxe. Iso é o que fai a maioría da xente, pero non Trina, unha mujer forte. As palabras son a única arma desta mestra decidida; palabras  para escribir á súa filla desaparecida, coa esperanza de que un día volva; palabras que contan o destino dunha familia en tempos convulsos; palabras para expresar a fidelidade aos ideais de xuventude e á resistencia. 




O próximo luns 25 de novembro reunirémonos para comentalo.




O día 25 de outubro o alumnado de 3º da ESO visitou a Casa de Rosalía de Castro en Padrón

luns, 20 de maio de 2019

Club de lectura

Esta brillante novela narra a historia de Tim Madden, escritor fracasado adicto ao bourbon, os cigarros e as louras con diñeiro no escenario de arbustos e dunas de Provincetown, cargado da crueza e melancolía da poboación fóra de temporada.

O próximo luns 17 de xuño ás 17:30 reunirémonos para comentalo.


Para conmemorar o Día do Libro o Departamento de Lingua Castelá e Literatura contou coa presenza da educadora familiar Elisa Maneiro. Acudiu ao centro o 23 de abril na súa faceta de contaconcontos para acercar aos nenos de 1º de ESO a mitoloxía grega.
O trece de maio tivemos unha videoconferencia coa escritora Sonia Mirón. Comunicouse con nós para contarnos cousas relacionadas coas lecturas Un sol dentro de mí e Si tú quieres que tanto gustaron ao noso alumnado de 2º e 3º de ESO.

venres, 26 de abril de 2019

Club de lectura





A moza Kambili, de quince anos, e o seu irmán maior, Jaja, levan unha vida privilexiada na cidade nixeriana de Enugu. Viven nunha fermosa casa e asisten a un elitista colexio relixioso, pero a súa vida familiar non é harmoniosa. O seu pai, un poderoso e respectado home de negocios, é un fanático católico que alenta expectativas de agarimo imposibles de cumprir. Cando os rapaces visitan durante uns días a cariñosa e atrevida tía Ifeoma no seu humilde piso, descobren un mundo totalmente novo: as continuas risas dos seus curmáns, as flores exuberantes, o respecto polas ideas, a liberdade, o amor e a ausencia de castigos.  









O próximo luns, seis de maio ás 17:30 reunirémonos para comentalo.

martes, 2 de abril de 2019













O día 22 de febreiro visitounos o escritor Ricardo Gómez para falar co alumnado de 2º da ESO sobre o seu libro La isla de Nuncameolvides e co alumnado de 4º da ESO do libro Juegos inocentes juegos.

venres, 1 de marzo de 2019
















O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur.


O próximo día 8 de abril ás 17:30 da tarde reunirémonos para comentalo.



A semana do 18 ao 22 homenaxeamos a Rosalía

venres, 8 de febreiro de 2019

Manifesto




Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2019


*Manifesta que escribe, escribe, escribe. E a escritura é unha acción.
 *Manifesto eu que escribir ela así no seu tempo é unha acción contra os grillóns da escravitude. Libre o seu pensamento
 *Manifesta o poema 
o espolio                     dunha perenne miseria,
as violacións                a roupa de cote puñéronma en tiras,
a inxustiza social          sin abrigo tembra,
os desafiuzamentos      embargaránnos todo,
o abuso laboral            que se amargo pan vos ganan / dádesllo envolto en veneno
os éxodos                    en errantes hordas.

Do XIX ao XXI

*Manifesto eu que un poema con palabras da lingua que eu falo –que non é aquela que bastardean nas mais ilustradisimas provincias– aínda hoxe é un Manifesto. miña infeliz patria tan desventurada 
*Aqués que tén fama de honrados na vila. Galicia. Ano 2017. 82 agresións sexuais
raposos de sangre maldita. Galicia. Ano 2017. 6436 denuncias por violencia de xénero
vendéume a xusticia. manda, manda, manda, fato, rabaño
Dun golpe! 
                                – Manifesta acción o poema  
*Na xa vella baranda un corpo fala. Arrima o seu seo e no frío da reixa tatúa incisións. Traspasa as nosas carnes. 
*Estas migallas de liberdade. Alertou. Tenteamos nós compracentes os rostros que nos cegan. 
*Aquelas escuras e valerosas heroínas que viven e morren levando a cabo feitos marabillosos por sempre ignorados. – Manifesta que existen  
*De humanos seres a compauta linea polas fronteiras pechadas en columnas nómades, en fronte o arame.

Do XIX ao XXI

*Escrito en medio de todos-los desterros Manifesta que sabe que non a escoitan  
*Do meu dor sin igual i a miña afrenta traidora se mofaban. Prende o computador, algún dispositivo. Ladran. 
*Manifesta que o poema é o lugar onde a voz afía a sombra
*Indóciles nos camiños desertos eses versos. 
*Cantos de independencia e liberdade. Manifesto. 
*Acción que se inunda e anega. Cantarte hei  

Ana Romaní
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#LibreOMeuPensamento_rdc_19

Club de lectura

No verán de 1956 desapareceu en Nova York Jesús Galíndez, representante do Goberno vasco no exilio ante o Departamento de Estado norteamericano. Foi secuestrado, torturado e asasinado, e todas as sospeitas apuntaron á man mano negra do ditador da República Dominicana Rafael Leónidas Trujillo. Como acabou conectado un político vasco coas cloacas políticas dun Estado caribeño? Traballaba Galíndez como axente encuberto para os servizos secretos estadounidenses? Estaba vinculado a escuras tramas conspirativas? Foi un heroe idealista ou un vilán maquiavélico? Cal era o pasado dese personaxe?







O próximo luns 25 de febreiro ás 17:30, reunirémonos para comentalo.