luns, 25 de maio de 2020

Hoxe recomendamos


É un libro para todas as idades onde podes desfrutar dunha historia entretida que varía segundo quen a conte pois, cada persoa ve a realidade de distintas maneiras e non sempre existe unha única verdade". Axuda a practicar a empatía e a afrontar as dificultades que presenta a vida mesma.
Maite Núñez

É unha historia incrible e inspiradora. Móstranos o vulnerables que somos todos en determinadas situacións e o crueis que poden ser moitos nenos xulgando aos demais unicamente polas súas aparencias. Toca un tema moi destacable  na actualidade: o bullying. A forma na que nolo mostra é moi profunda, xa que nos ensina como o viven os que o sofren pero tamén os que o provocan. Ensinoume que aínda que todos non sexamos iguais, merecemos ser tratados do mesmo modo e sempre con respecto. Ademais fíxome reflexionar outra vez diferentes aspectos da miña vida que grazas a miña experiencia persoal puiden abordar mellor. É unha lectura que todos deberiamos ler para razoar e saber o que de verdade senten aquelas persoas que o sofren  e así poder axudalas.
Marta Cao
As razóns polas que todo o mundo debería ler este libro son moitas, pero as máis destacadas son as seguintes. Este relato axuda a sensibilizar aos máis pequenos contra o acoso escolar xa que vemos a dor que provoca en August e como se ven afectados os seus sentimentos. Por outra parte, este libro axúdanos a normalizar e a aceptar a este tipo de nenos e nenas xa que se mostra que é un neno como os demais, que lle gusta divertirse, que lle encantan os astronautas , que lle encanta falar coa xente. Ademais de toda a empatía que provoca en nós, tamén queda reflectida a forza de superación que ten August, e todo isto fai darnos conta que cando as cousas se poñen difíciles, nunca hai que renderse. Ao principio será duro, pero neste caso, se August é una boa persoa, iso primará máis que todos os seus “defectos”, por chamalos de algún modo. O importante é a esencia, e non como pensa a xente a estética. É por último, pero non menos importante, a familia. Neste libro, amósase que August ten una familia peculiar, na que por parte do pai e da nai xorden inseguridades e temores sobre o seu fillo. Pero o que realmente importa, é que estes pais e a súa irmá, como todas as familias sempre queren o mellor para ti, e axudaranche sempre que o necesites. A familia sempre está aí, para o bo e o non tan bo.


Sandra Ramos 




Ningún comentario:

Publicar un comentario