Vou
recomendar La vida en la antigua Roma, de Harold W. Jhonston,
que xa é tamén el un clásico no estudo da antigüidade romana, pois, publicado
no 1903 nos EEUU, reeditouse varias veces por non ter quedado aínda desfasado e
supoñer unha ferramenta de utilidade para o estudo desa época. No 2010
publicouno traducido Alianza Editorial. A pesar de que a priori pode parecer un
tostón, resulta moi ameno, pois está estruturado en parágrafos, podendo consultar
os que máis interese esperten sen necesidade dunha lectura lineal nin continua.
Mestura coñecementos moi fundamentados sobre distintos aspectos da vida cotiá
romana dun xeito moi divulgativo, tocando distintos aspectos, como a educación,
a vivenda, o matrimonio, a alimentación, etc. Seguramente levará tamén a
comparar o noso día a día co dos romanos, nun momento que nos está ensinando
que as circunstancias obrigan a certos xeitos de vivir que, en circunstancias
normais, pareceríannos impensables. E axudará a ver que o ser humano segue a
ter as mesmas emocións e necesidades básicas independentemente do lugar onde
naza ou da época que lle toque vivir.
Pilar Alonso
Pilar Alonso
Ningún comentario:
Publicar un comentario