Vou recomendar o
libro titulado El Lazarillo de Tormes. Fala
da vida dun neno chamado Lázaro que naceu en Salamanca. Este mozo vese obrigado
a traballar de servinte para 7 persoas, ás cales vai presentando nos tratados.
Recomendo este
libro porque é unha historia que representa como se vivía naquela época.
Ademais é un claro exemplo de superación e reflicte moi ben o amor propio. É
moi divertida e espontánea a forma na que Lázaro explica a súa vida, é un libro que non podería chegar nunca a
aburrir a ninguén. É un clásico da literatura española e creo que hai que lelo
para ter máis cultura.
María Tamayo
Ningún comentario:
Publicar un comentario