Un paseo literario: charla-coloquio
con Paloma González Rubio
O 18 de febreiro, a escritora Paloma González
Rubio trouxo o seu “a son de mar” ata o noso instituto. O alumnado de 2º da ESO
e de 3º da ESO tivo o privilexio de
compartir con ela as súas inquietudes sobre as obras que leron. En ambas, o mar
é testemuña das historias de vida tanto en, João, galardonada co premio Alandar 2019; como na obra Aurora o nunca.
A
través da mirada de João, personaxe protagonista da primeira de novela, descubriron
outras realidades como os vagabundos de mar, un colectivo idéntico ao que temos
na terra, pero tamén que a vida no mar non é materialista e que non entende os despilfarros da terra.
Os
alumnos de segundo viaxaron de novo a unha cidade costeira en Aurora o nunca, obra colectiva que
espertou moita curiosidade.
Como
colofón da charla, a autora asinoulles os exemplares dos libros lidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario