
O achádego dun
cadáver no encoro de Olba pon en marcha a narración. O seu protagonista, Esteban, viuse obrigado a pechar a carpintería da que era dono, deixando no paro aos que traballaban para el. Mentres se encarga de coidar a seu pai enfermo, Esteban indaga nos motivos dunha ruína que asume no seu dobre papel de vítima e verdugo, e entre estes cascallos atopamos os valores dunha sociedade, un mundo e un tempo. O benestar e o seu reverso a cobiza e os falsos proxectos, convertidos en materiais de derribo.
O luns 11 de abril ás 17:30 reunirémonos para comentalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario