martes, 9 de decembro de 2014


A través do seu personaxe protagonista, Álvaro Mendiola, Juan Goytisolo busca, entre materiais tan diversos como cartas, fotos, mapas, papeis, informes e conversacións, unha identidade desdebuxada tras o seu paso polo exilio. Sen sentirse francés, pero sen recoñecerse como español, o alter ego do autor disponse a buscar unhas raíces difusas entre a mestura de voces que acha ao regresar a unha España moi distinta da que abandonou tras a Guerra Civil. Primeira novela da triloxía protagonizada por Álvaro Mendiola —que se completa con Reivindicación del conde don Julián e Juan sin tierra—, Señas de identidad pronto se converteu nun referente da novela española de posguerra tras a súa primeira publicación en México en 1966. Con esta sorprendente obra, Goytisolo pechou unha etapa realista para adentrarse  nun periodo de experimentación que lle propiciou o recoñecemento das letras españolas. 


O próximo 12 de xaneiro ás 17:30 reunirémonos para comentalo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario