martes, 19 de decembro de 2017







Siggi Jepsen, internado nunha institución para mozos inadaptados, debe escribir unha redacción sobre «As ledicias do deber», mais fracasa unha e outra vez xa que ten demasiadas historias que contar sobre o tema. O seu pai, policía dunha remota aldea do norte de Alemaña durante a época nazi, recibe a orde de impedir que o ancián Max Ludwig Nansen pinte máis cadros, considerados ofensivos para a raza alemá. A ambos úneos unha amizade que se remonta a  ando eran novos, de modo que a prohibición non só destruirá os cadros, senón tamén a súa identidade e incluso a infancia de Siggi: o seu pai, obsesionado con cumprir coa súa obriga até as últimas consecuencias, obrígao a espiar ao pintor. Para el, o estudio de Nansen é o seu segundo fogar, e ter que cumprir esa obriga arrástrao a unha asfixiante crise de conciencia.










La Habana, 1882.  Dulce emprende a busca das dúas fillas roubadas de Misterio, a súa adorada criada e antiga escrava, co ánimo de levar a cabo  a última vontade desta antes de morrer. Pero a sorpresa chega cando descobre que Misterio foi vendida como escrava nunha aldea africana, antes de ser entregada a distintos amos.















O luns 29 de xaneiro reunirémonos para comentalos ás 17:30

mércores, 22 de novembro de 2017




Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar ás crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.



Reunirémonos o día 27 de novembro ás 17:30 para comentalo.

martes, 27 de xuño de 2017



Trudy mantén unha relación adúltera con Claude, irmán do seu marido John. Este, poeta e editor de poesía, é un soñador depresivo con tendencia á obesidade cuxo matrimonio  está desintegrándose. Claude é máis pragmático e traballa en negocios inmobiliarios. A parella de amantes concibe un plan: asasinar a John envelenándoo. O motivo: unha mansión valorada nuns oito millóns de libras que, se John morre, herdará Trudy...




Boas vacacións e felices lecturas.











O próximo luns 25 de setembro ás 17:30 reunirémonos para comentalo.

luns, 15 de maio de 2017

Club de lectura




O próximo luns 19 de xuño ás 17:30 reunirémonos para comentar os seguintes contos do escritor arxentino Julio Cortázar:
Axolotl
La señorita Cora
El perseguidor
La noche boca arriba
Continuidad de los parques
La autopista del sur
Casa tomada
Las babas del diablo
Carta a una señorita en París
Una flor amarilla

venres, 5 de maio de 2017

mércores, 26 de abril de 2017

martes, 25 de abril de 2017

Exposición Florencio Delgado Gurriarán

O alumnado da ESO desprazouse á Biblioteca Municipal para facer o percorrido pola vida e acercarse á figura deste escritor valdeorrés.

luns, 24 de abril de 2017

Club de lectura







Ilustrísima é un canto á bondade e á humanidade da xente e un alegato en contra do dogmatismo e da violencia. Situada nos primeiros anos do século XX, nunha pequena cidade galega que ben podería ser o Ourense natal de Casares, relata os conflitos entre un bispo intelixente e bo e algúns dos membros máis intransixentes da curia diocesana, enfrontados entre si por culpa da chegada do cinematógrafo.









O próximo luns día 8 de maio ás 17:30 reunirémonos para comentalo.

venres, 21 de abril de 2017




O alumnado de 1º de BACH de Cultura Científica realizou a seguinte presentación sobre as científicas galegas para conmemorar do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e como unha homenaxe á muller traballadora.Científicas galegas

martes, 21 de marzo de 2017

Club de lectura











María Solar desta volta achégase a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpos levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un papel determinante. A historia comeza en 1803 na miseria dos orfanatos. Nun barco que pode ser tamén unha tumba. Nun mar hostil e desapiadado. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o serán nunca máis.

O próximo día 3 de abril ás 17:30 reunirémonos para comentalo.















O día 24 de febreiro o noso alumnado homenaxeou a Rosalía de Castro lendo os seus poemas.
Pensamentos e libros para recordar a Rosalía de Castro no seu día.

xoves, 9 de febreiro de 2017







O día 24 de xaneiro acompañounos o escritor Ricardo Gómez. Reuniuse co alumnado de 2º de ESO para tratar o tema dos refuxiados sobre o que xira a súa novela Diario en un campo de barro. Posteriormente, tivo outra xuntanza co alumnado de 4º de ESO para falarlles da súa visión da literatura e para comentar entre todos a súa novela Juegos inocentes juegos.



























O día 31 de xaneiro volveu acompañarnos Raquel Queizás co seu espectáculo de misterio Caso cerrado. Como xa sucedera o curso anterior creou un ambiente de misterio para o alumnado de 1º e 2º da ESO que gozou moito axudando na resolución do caso.

venres, 27 de xaneiro de 2017




Neste libro acompañamos a Javier Reverte na súa viaxe por Grecia, Turquía e Exipto.
Este libro está considerado un clásico da literatura de viaxes. Profundo e ameno, sabio e cercano, reúne o mellor da literatura do seu autor.  Reverte cóntanos a súa viaxe polos territorios da Grecia actual, pero tamén nos acerca ao pasado grego. É un percorrido pola Grecia do presente.
























 O próximo luns 6 de marzo reunirémonos para comentalo

luns, 21 de novembro de 2016




Nun lugar aillado, metade ermida metade hotel, reúnense políticos, industriais e xefes da Igrexa para realizar uns exercicios espirituais. pero a paz do retiro queda interrompida por unha serie de misteriosos asasinatos.














O próximo luns 28 de novembro reunirémonos para comentalo.

venres, 14 de outubro de 2016



 O día do seu aniversario, o comisario Salvo Montalbano ten un altercado na autoestrada cun condutor imprudente, un rapaz que resultará ser o fillo do presidente provincial. Esa mesma noite prodúcese un estraño roubo nun supermercado controlado pola familia Cuffaro, unha das máis notorias da mafia local.  












O día 24 de outubro ás 17:30 reunirémonos para comentalo.

venres, 17 de xuño de 2016






Rematamos o curso,  pero a lectura continúa. Vémonos o 19 de setembro ás 17:30 para comentar os seguintes libros

 A catro profesores de literatura,  úneos a súa común fascinación pola obra de von Archimboldi, un enigmático escritor alemán moi prestixioso en todo o mundo. A complicidade entre os catro adquire trazas de vodevil intelectual e cosmopolita -con ménage á trois incluido-, e desemboca nunha peregrinaxe a Santa Teresa (trasunto de Ciudad Juárez), na fronteira de México con Estados Unidos, onde din que viron a Archimboldi. 

















                                                  
A música foi a súa salvación. James Rhodes foi vítima de abusos durante a súa infancia e a súa vida estivo marcada por esa traxedia. James Rhodes é un dos máis eminentes concertistas de piano da actualidade e un gran renovador da música clásica.               

xoves, 16 de xuño de 2016

Visita á casa-museo de Manuel María



O día 4 de abril o alumnado de 4º da ESO desprazouse a Outeiro de Rei para visitar a casa natal de Manuel María. Posteriormente visitaron Mondoñedo

A Teoría da relatividade

O seguinte vídeo é parte dunha clase impartida polo profesor Isaac Valiña Lema a un grupo do IES Martaguisela, como homenaxe a Einstein, na conmemoración do centenario da publicación da Teoría da relatividade e coincidindo coa comprobación da teoría por parte do LIGO, Laser Interferometer Gravitational-Wave Observatory (Observatorio de ondas gravitacionales por interferometría láser).
O vídeo amosa un experimento que explica a Teoría das ondas gravitacionais.

mércores, 4 de maio de 2016

Club de lectura



Unha sátira na que un rapaciño miope, provinciano e desprovisto de sentido do humor irrompe no frío paraíso dun matrimonio de novos ricos berlineses. A muller seduce ao recén chegado e convérteo no seu amante. Pouco despois  convénceo para intentar eliminar o marido. Publicada orixinalmente en Berlín, a finais dos anos vinte, e  reelaborada por Nabokov na ttradución ao inglés, a finais dos sesenta, Rey, Dama, Valet mostra unha forte influencia do expresionismo alemán, especialmente do cinematográfico, e contén un derroche de humor negro.

xoves, 14 de abril de 2016






O día 16 de marzo acompañounos a escritora Ledicia Costas. Reuniuse co alumnado de 3º e 4º da ESO para falarlles das súas novelas Unha estrela no vento e O corazón de Xúpiter.

martes, 23 de febreiro de 2016




  O achádego dun  cadáver  no encoro de  Olba pon en marcha a narración. O seu protagonista, Esteban, viuse obrigado a pechar a carpintería da que era dono, deixando no paro aos que traballaban para el. Mentres se encarga de coidar a seu pai enfermo,  Esteban indaga nos motivos dunha ruína que asume no seu dobre papel de vítima e verdugo, e entre estes cascallos atopamos os valores dunha sociedade, un mundo e un tempo. O benestar e o seu reverso a cobiza e os falsos proxectos, convertidos en materiais de derribo. 

O luns 11 de abril ás 17:30 reunirémonos para comentalo.

venres, 12 de febreiro de 2016


O luns 1 de febreiro tivemos a gran sorte de ter con nós a Raquel Queizás (http://www.raquelqueizas.com/). Ela foi a encargada de dirixir unha sesión de animación á lectura destinada ao alumnado de 1.º ESO. O acto levouse a cabo no escenario do salón de actos do centro, nunha ambientación misteriosa, posto que os relatos que se ían representar así o requerían: "A pata de mono" (W.  W. Jacobs) e "A almofada de plumas" (H. Quiroga).
O alumnado gozou moito desta actividade interactiva na que tivo que resolver misterios e situacións conflitivas.

xoves, 11 de febreiro de 2016





















 É o libro máis lido e  traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morren os paxaros".


O  15 de febreiro ás 17:30 reunirémonos para comentalo.

venres, 18 de decembro de 2015


Este libro, que se publicou por primeira vez en 1948, ten hoxe a consideración dun clásico da literatura. Baseada nunha lenda mexicana, conta a historia dunha perla, grande coma un ovo de gaivota, tan fermosa e perfecta como a lúa, que un día cambia dun xeito radical a vida de Kino e da súa familia. Dende entón, o propio Kino, a súa muller Juana e Coyotito, o fillo de ambos, vanse ver afectados pola posesión desta perla. A sorte desta familia humilde é seguida polo lector co dramatismo que Steinbeck lle imprime ao seu relato.










O día 11 de xaneiro reunirémonos para comentalo.

CHRISTIAN ESCUREDO CON NÓS

Christian Escuredo volveu ao seu antigo instituto o día 23 de novembro para presentar a súa última película A pesar de todo, quérote. O alumnado de 1.º de BAC tivo a gran oportunidade de coñecelo e falar con el da súa traxectoria artística. A película encantoulles, porque é unha mestura de amor e acción, pero, sobre todo, emocionoulles poder coñecer ao protagonista en carne e óso.
Queremos transmitirlle a Christian Escuredo o noso agradecemento por ternos regalado o seu tempo e amosarlle o noso orgullo por telo como antigo alumno do centro. Esperamos que o éxito continúe sorríndolle.

xoves, 19 de novembro de 2015




A busca da verdade como forza liberadora, como soporte ético imprescindible para sobrelevar o  transcorrer dunha vida, está no centro desta novela maxistral.
Un pequeno castelo de caza en Hungría, ao pé dos Cárpatos, onde algunha vez se celebraron elegantes veladas nos seus salóns decorados ao estilo francés, cambiou radicalmente de aspecto.
Dous homes maiores, que foron amigos de mozos, cítanse para cear despois de moitos anos sen verse.


O día 30 de novembro reunirémonos ás 17:30 para comentalo

xoves, 18 de xuño de 2015

A primeira  fin de semana de 1989 unha insistente chamada de teléfono arranca da súa resaca ao tenente Mario Conde, un policía escéptico e desenganado. El Viejo, o seu xefe na Central, chámao para encargarlle un misterioso e urxente caso: Rafael Morín, xefe da Empresa de Importacións e Exportacións do Ministerio de Industrias, falta do seu domicilio desde o día de Aninovo. Quere o azar que o desaparecido sexa un ex compañeiro de estudos de Conde, un tipo que xa entón, aínda acatando as normas establecidas, destacaba pola súa brillantez e autodisciplina. 



Esperamos que esta lectura nos faga agradable o verán


Reunirémonos o día 21 de setembro ás 17:30

luns, 25 de maio de 2015

Celebración do Día do libro 2015

   O pasado 23 de abril, coincidindo coa celebración do cuarto centenario da publicación do Quixote, Saúl Vega Chimeno de 1º de bacharelato e Saúl Rodríguez Regueira e Ana Cao Cao de 4º de ESO, representaron unhas adaptacións de dúas escenas da novela de Cervantes, baixo a preparación e coordinación das profesoras Marta Cortés Fernández e Mª Luísa Rigueira Rodríguez. As representacións tiveron lugar nas aulas do centro para que puideran chegar a todo o alumnado e persoal docente e non docente.
   A primeira é a famosa escena dos muíños na que Don Quixote se enfronta a eles tomándoos por xigantes.
   Na seguinte escena Don Quixote da consellos a Sancho Panza antes de que se converta en gobernador da "ínsula Barataria"

 O 15 de novembro de 1959, nunha aldea de Kansas, os catro membros da familia Clutter foron  asasinados na súa casa. Os crimes eran, aparentemente, inmotivados, e non se acharon as claves que permitiran identificar os asasinos. Cinco anos despois, Dick Hickcock e Perry Smith foron aforcados como culpables das mortes.
















O próximo 15 de xuño ás 19:30 reunirémonos para comentalo

luns, 20 de abril de 2015









Nesta novela Begoña Caamaño relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe, un dos mitos centrais da cultura europea. Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres.









O próximo 18 de maio ás 19:30 reunirémonos para comentalo
VISITA DE ELENA GALLEGO

O pasado día 23 visitou ao alumnado de 1º de ESO  a escritora Elena Gallego para compartir  impresións sobre a súa novela Dragal I. A herdanza do dragón.










venres, 27 de marzo de 2015

mércores, 4 de marzo de 2015




 A peste narra as consecuencias do illamento de toda unha cidade, o que pon de manifesto o mellor e o peor que cada un dos seus cidadáns  leva dentro: os seus medos, as súas traizóns, o individualismo, mais tamén a solidariedade, o espírito de colaboración cos demais en tarefas comúns. Novela apaixonante, de grande densidade de pensamento e de profunda comprensión do ser humano, que se converteu nun dos clásicos máis indiscutibles da literatura francesa de todos os tempos.
PRÓXIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA: LUNS 13 DE ABRIL, ÁS 19.30. 

martes, 9 de decembro de 2014


A través do seu personaxe protagonista, Álvaro Mendiola, Juan Goytisolo busca, entre materiais tan diversos como cartas, fotos, mapas, papeis, informes e conversacións, unha identidade desdebuxada tras o seu paso polo exilio. Sen sentirse francés, pero sen recoñecerse como español, o alter ego do autor disponse a buscar unhas raíces difusas entre a mestura de voces que acha ao regresar a unha España moi distinta da que abandonou tras a Guerra Civil. Primeira novela da triloxía protagonizada por Álvaro Mendiola —que se completa con Reivindicación del conde don Julián e Juan sin tierra—, Señas de identidad pronto se converteu nun referente da novela española de posguerra tras a súa primeira publicación en México en 1966. Con esta sorprendente obra, Goytisolo pechou unha etapa realista para adentrarse  nun periodo de experimentación que lle propiciou o recoñecemento das letras españolas. 


O próximo 12 de xaneiro ás 17:30 reunirémonos para comentalo.


mércores, 29 de outubro de 2014

Sofía de los presagios

A próxima reunión do club de lectura será o 24 de novembro ás 17:30. O libro sobre o que falaremos é Sofía de los presagios de Gioconda Belli

SINOPSE

Á idade de sete anos, a pequena Sofía pérdese entre a xente mentres os seus pais discuten e se desprazan atropeladamente os xitanos. Aínda que o destino lle brinda outros país entrañables e un mundo novo, tamén a enfronta a moitas situación dolorosas e á prepotencia patriarcal de René, un marido que a encerra e a deixa sen a súa liberdade. Protexida por seres dotados dunha sabedoría milenaria, o sangue e a rebeldía xitanas de Sofía impóñense a través de rituais e cerimonias antigas, que a conducen cara a súa verdadeira orixe e a dar, por fin, co amor da súa vida. Sofía de los presagios permítenos adentrarnos no mundo máxico dunha das grandes narradoras do noso tempo. Como xa fixera en La mujer habitada, Gioconda Belli debuxa unha personaxe feminina fascinante, guiada polo seu instinto natural, que se perfila como o epicentro dun universo literario cargado de sensualidade, erotismo e feminidade.

mércores, 8 de outubro de 2014

QUEN NON ADORA A DORA?

A próxima reunión do club de lectura será o 27 de outubro ás 17:30. O libro sobre o que falaremos é Quen non adora a Dora? (Na morna luz do esquecemento)
Acompañaranos o seu autor Basilio Cobo Rodríguez



SINOPSE

Mercedes, unha rapaza galega de 14 anos vírase obrigada polas circunstancias -a morte accidental do seu pai- a emigrar á Habana na procura dos aforros desaparecidos que este tiña preparados para o seu retorno inmediato a España.
Tarda en dar cun amigo do seu pai, que co seu silencio, responde a todas a todas as súas preguntas. A vida segue, e 15 anos despois, xa en Galiza durante a Guerra Civil, Mercedes e a súa cuñada máis nova, Dora, buscarán infrutuosamente respostas que permitan liberar da cadea a Henrique, marido de Dora.
O destino levará a Mercedes a atoparse co mesmo esclarededor oráculo que deixara perdido na Habana.
A Habana, o Valdeorras e Bos Aires son a xeografía física e política desta vibrante historia de amor, vida e morte que protagonizan homes e mulleres do común durante a primeira metade do século XX.




domingo, 3 de novembro de 2013

luns, 25 de febreiro de 2013

RECITANDO A ROSALÍA

Esta foi a nosa aportación á homenaxe a Rosalía de Castro. Lembrámola recitando algúns dos seus poemas na aula. 

luns, 10 de decembro de 2012

Hablan los chinos (Ana Fuentes)

Portada de Hablan los chinos
Todos sabemos que China se está a converter nunha gran potencia mundial, e que cada vez máis se fai referencia ao seu mercado. Escóitase mandarín por todas partes, que vai ser o idioma do futuro coma o é agora o inglés, e se aprendes este idioma choverán ofertas de traballo... 

Todo isto é a novidade, a entrada triunfal de China no mercado, mais ben é como a expansión do mundo oriental no occidental, ao revés do que acontecera hai uns séculos, nos cales occidente era a emerxente, a que abarcaba todo e era o futuro, a potencia.
Neste libro a autora trata de facer fincapé nun erro que me parece bastante grave: a nosa imaxe sobre China. Nós vémola coma un conxunto, un país forte e unido que quere facerse notar no mundo, pero non reparamos en todas as inxustizas que acontecen nel. Non é un país que só sirva para o traballo, senón que os seus habitantes teñen unha gran capacidade de sacrificio, por iso vemos a China coma una patria sacrificada que sempre seguirá así, cuns habitantes que soportarán esa situación.
Pero isto non se corresponde coa realidade. Por iso Ana Fuentes achéganos dez relatos persoais que abarcan distintos conflitos e situacións inxustas. É unha chamada ao cambio, á denuncia e á  xustiza, expresada como o que é en realidade a vida, as vidas destas persoas.

Bárbara Bello (4.º ESO).