Benvidos á Biblioteca do IES Martaguisela. Actividades, suxestións, novidades, curiosidades.... todo isto e moito máis ten o seu oco nesta páxina. Compartide esta aventura!!
mércores, 9 de maio de 2018
mércores, 2 de maio de 2018
Emilio, un antigo executivo bancario, é internado nunha residencia de anciáns pola súa familia tras sufrir una nova criise de Alzheimer. Alí, aprende a convivir cos seus novos compañeiros e cos coidadores que o atenden.
Unha historia de homenaxe á amizade, dunha calidade humana extraordinaria. Retrato da estraña e longa relación entre unha escritora, —a propia Magda Szabó— e a súa criada —Emerence Szeredas— durante vinte anos. As dúas mulleres viven e viviron dúas vidas que chocan e se atraen.
O próximo luns 28 de maio ás 17:30 reunirémonos para comentalos.
martes, 24 de abril de 2018
venres, 16 de marzo de 2018

A principios do século XX, chega a unha pequena aldea perdida nos Alpes Andreas Egger, tras ser abandonado pola súa nai con apenas catro anos. O neno crece sometido á disciplina do seu tío, e o seu horizonte esgótase na cadea de enormes montañas que rodean o val. Así, a vida de Andreas discorre entre a rudeza do contorno e unha forzosa adaptación aos cambios que impón o progreso.
O próximo día 16 de abril reunirémonos para comentalo
venres, 23 de febreiro de 2018
xoves, 22 de febreiro de 2018
Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no
Día de Rosalía de Castro 2018: Abride a fiestra
Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de
vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas
máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e
profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida,
contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha
palabra firme e abranguente que nos guíe. No bater das fiestras que cheiran a
couza do pasado, a mentiras que repetidas mil veces queren chegar a ser verdades,
a fala que se nos rouba e aire que nos falta precisamos a bravura das mareas e
o salvaxe das montañas. Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía
de Castro.
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un
refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere
abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca
novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a
redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas
gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo
dende as raíces.
Mais para que o refacho entre, precisa da nosa
vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!
E na nosa man está abrir a fiestra. Abrila para vermos
a muller, a escritora, a irredutible. A voz que nos une ás rebeldes do mundo,
que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos ofrece a súa clarividencia para
tecermos novas alianzas, a que sempre está do lado da xustiza, do noso lado, a
que sempre está aínda por descubrir. Porque en todos os recunchos do mundo,
mais sobre todo aquí, en Galicia, hai rosalías que cantan e que falan,
alancando con brillantes e destemidas botas azuis entre a lama.
Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o
espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo.
Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos,
minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou
politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o
transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e
a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a
violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista,
contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a
coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir
simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e
compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á
redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma
ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo
que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.
María Reimóndez
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#AbrideAFiestra
venres, 2 de febreiro de 2018
Casa de Rosalía de Castro
O día 26 de xaneiro pola tarde, o alumnado de 3º da ESO desprazouse a Padrón para visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro.
martes, 19 de decembro de 2017
Siggi Jepsen, internado nunha institución para mozos inadaptados, debe escribir unha redacción sobre «As ledicias do deber», mais fracasa unha e outra vez xa que ten demasiadas historias que contar sobre o tema. O seu pai, policía dunha remota aldea do norte de Alemaña durante a época nazi, recibe a orde de impedir que o ancián Max Ludwig Nansen pinte máis cadros, considerados ofensivos para a raza alemá. A ambos úneos unha amizade que se remonta a ando eran novos, de modo que a prohibición non só destruirá os cadros, senón tamén a súa identidade e incluso a infancia de Siggi: o seu pai, obsesionado con cumprir coa súa obriga até as últimas consecuencias, obrígao a espiar ao pintor. Para el, o estudio de Nansen é o seu segundo fogar, e ter que cumprir esa obriga arrástrao a unha asfixiante crise de conciencia.
La Habana, 1882. Dulce emprende a busca das dúas fillas roubadas de Misterio, a súa adorada criada e antiga escrava, co ánimo de levar a cabo a última vontade desta antes de morrer. Pero a sorpresa chega cando descobre que Misterio foi vendida como escrava nunha aldea africana, antes de ser entregada a distintos amos.
O luns 29 de xaneiro reunirémonos para comentalos ás 17:30
mércores, 22 de novembro de 2017
Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar ás crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.
Reunirémonos o día 27 de novembro ás 17:30 para comentalo.
martes, 27 de xuño de 2017
Trudy mantén unha relación adúltera con Claude, irmán do seu marido John. Este, poeta e editor de poesía, é un soñador depresivo con tendencia á obesidade cuxo matrimonio está desintegrándose. Claude é máis pragmático e traballa en negocios inmobiliarios. A parella de amantes concibe un plan: asasinar a John envelenándoo. O motivo: unha mansión valorada nuns oito millóns de libras que, se John morre, herdará Trudy...
Boas vacacións e felices lecturas.
O próximo luns 25 de setembro ás 17:30 reunirémonos para comentalo.
luns, 15 de maio de 2017
Club de lectura
O próximo luns 19 de xuño ás 17:30 reunirémonos para comentar os seguintes contos do escritor arxentino Julio Cortázar:
Axolotl
La señorita Cora
El perseguidor
La noche boca arriba
Continuidad de los parques
La autopista del sur
Casa tomada
Las babas del diablo
Carta a una señorita en París
Una flor amarilla
xoves, 11 de maio de 2017
venres, 5 de maio de 2017
mércores, 26 de abril de 2017
martes, 25 de abril de 2017
Exposición Florencio Delgado Gurriarán
O alumnado da ESO desprazouse á Biblioteca Municipal para facer o percorrido pola vida e acercarse á figura deste escritor valdeorrés.
luns, 24 de abril de 2017
Club de lectura
Ilustrísima é un canto á bondade e á humanidade da xente e un alegato en contra do dogmatismo e da violencia. Situada nos primeiros anos do século XX, nunha pequena cidade galega que ben podería ser o Ourense natal de Casares, relata os conflitos entre un bispo intelixente e bo e algúns dos membros máis intransixentes da curia diocesana, enfrontados entre si por culpa da chegada do cinematógrafo.
O próximo luns día 8 de maio ás 17:30 reunirémonos para comentalo.
venres, 21 de abril de 2017
O alumnado de 1º de BACH de Cultura Científica realizou a seguinte presentación sobre as científicas galegas para conmemorar do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e como unha homenaxe á muller traballadora.Científicas galegas
martes, 21 de marzo de 2017
Club de lectura

María Solar desta volta achégase a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpos levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un papel determinante. A historia comeza en 1803 na miseria dos orfanatos. Nun barco que pode ser tamén unha tumba. Nun mar hostil e desapiadado. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o serán nunca máis.
O próximo día 3 de abril ás 17:30 reunirémonos para comentalo.
xoves, 9 de febreiro de 2017
O día 24 de xaneiro acompañounos o escritor Ricardo Gómez. Reuniuse co alumnado de 2º de ESO para tratar o tema dos refuxiados sobre o que xira a súa novela Diario en un campo de barro. Posteriormente, tivo outra xuntanza co alumnado de 4º de ESO para falarlles da súa visión da literatura e para comentar entre todos a súa novela Juegos inocentes juegos.
venres, 27 de xaneiro de 2017
Neste libro acompañamos a Javier Reverte na súa viaxe por Grecia, Turquía e Exipto.
Este libro está considerado un clásico da literatura de viaxes. Profundo e ameno, sabio e cercano, reúne o mellor da literatura do seu autor. Reverte cóntanos a súa viaxe polos territorios da Grecia actual, pero tamén nos acerca ao pasado grego. É un percorrido pola Grecia do presente.
O próximo luns 6 de marzo reunirémonos para comentalo
luns, 21 de novembro de 2016
venres, 14 de outubro de 2016
O día do seu aniversario, o comisario Salvo Montalbano ten un
altercado na autoestrada cun condutor imprudente, un rapaz que
resultará ser o fillo do presidente provincial. Esa mesma noite
prodúcese un estraño roubo nun supermercado controlado pola familia
Cuffaro, unha das máis notorias da mafia local.
O día 24 de outubro
ás 17:30 reunirémonos para comentalo.
venres, 17 de xuño de 2016
Rematamos o curso, pero a lectura continúa. Vémonos o 19 de setembro ás 17:30 para comentar os seguintes libros
A catro profesores de literatura, úneos a súa común fascinación pola obra de von Archimboldi, un enigmático escritor alemán moi prestixioso en todo o mundo. A complicidade entre os catro adquire trazas de vodevil intelectual e cosmopolita -con ménage á trois incluido-, e desemboca nunha peregrinaxe a Santa Teresa (trasunto de Ciudad Juárez), na fronteira de México con Estados Unidos, onde din que viron a Archimboldi.
A música foi a súa salvación. James Rhodes foi vítima de abusos durante a súa infancia e a súa vida estivo marcada por esa traxedia. James Rhodes é un dos máis eminentes concertistas de piano da actualidade e un gran renovador da música clásica.
xoves, 16 de xuño de 2016
Visita á casa-museo de Manuel María
O día 4 de abril o alumnado de 4º da ESO desprazouse a Outeiro de Rei para visitar a casa natal de Manuel María. Posteriormente visitaron Mondoñedo
A Teoría da relatividade
O seguinte vídeo é parte dunha clase impartida polo profesor Isaac Valiña Lema a un grupo do IES Martaguisela, como homenaxe a Einstein, na conmemoración do centenario da publicación da Teoría da relatividade e coincidindo coa comprobación da teoría por parte do LIGO, Laser Interferometer Gravitational-Wave Observatory (Observatorio de ondas gravitacionales por interferometría láser).
O vídeo amosa un experimento que explica a Teoría das ondas gravitacionais.
mércores, 4 de maio de 2016
Club de lectura
Unha sátira na que un rapaciño miope, provinciano e desprovisto de sentido do humor irrompe no frío paraíso dun matrimonio de novos ricos berlineses. A muller seduce ao recén chegado e convérteo no seu amante. Pouco despois convénceo para intentar eliminar o marido. Publicada orixinalmente en Berlín, a finais dos anos vinte, e reelaborada por Nabokov na ttradución ao inglés, a finais dos sesenta, Rey, Dama, Valet mostra unha forte influencia do expresionismo alemán, especialmente do cinematográfico, e contén un derroche de humor negro.
xoves, 14 de abril de 2016
martes, 23 de febreiro de 2016
O achádego dun cadáver no encoro de Olba pon en marcha a narración. O seu protagonista, Esteban, viuse obrigado a pechar a carpintería da que era dono, deixando no paro aos que traballaban para el. Mentres se encarga de coidar a seu pai enfermo, Esteban indaga nos motivos dunha ruína que asume no seu dobre papel de vítima e verdugo, e entre estes cascallos atopamos os valores dunha sociedade, un mundo e un tempo. O benestar e o seu reverso a cobiza e os falsos proxectos, convertidos en materiais de derribo.
O luns 11 de abril ás 17:30 reunirémonos para comentalo.
venres, 12 de febreiro de 2016
O luns 1 de febreiro tivemos a gran sorte de ter con nós a Raquel Queizás (http://www.raquelqueizas.com/). Ela foi a encargada de dirixir unha sesión de animación á lectura destinada ao alumnado de 1.º ESO. O acto levouse a cabo no escenario do salón de actos do centro, nunha ambientación misteriosa, posto que os relatos que se ían representar así o requerían: "A pata de mono" (W. W. Jacobs) e "A almofada de plumas" (H. Quiroga).
O alumnado gozou moito desta actividade interactiva na que tivo que resolver misterios e situacións conflitivas.
xoves, 11 de febreiro de 2016
É o libro máis lido e traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morren os paxaros".
O 15 de febreiro ás 17:30 reunirémonos para comentalo.
venres, 18 de decembro de 2015

Este libro, que se publicou por primeira vez en 1948, ten hoxe a consideración dun clásico da literatura. Baseada nunha lenda mexicana, conta a historia dunha perla, grande coma un ovo de gaivota, tan fermosa e perfecta como a lúa, que un día cambia dun xeito radical a vida de Kino e da súa familia. Dende entón, o propio Kino, a súa muller Juana e Coyotito, o fillo de ambos, vanse ver afectados pola posesión desta perla. A sorte desta familia humilde é seguida polo lector co dramatismo que Steinbeck lle imprime ao seu relato.
O día 11 de xaneiro reunirémonos para comentalo.
CHRISTIAN ESCUREDO CON NÓS
Christian Escuredo volveu ao seu antigo instituto o día 23 de novembro para presentar a súa última película A pesar de todo, quérote. O alumnado de 1.º de BAC tivo a gran oportunidade de coñecelo e falar con el da súa traxectoria artística. A película encantoulles, porque é unha mestura de amor e acción, pero, sobre todo, emocionoulles poder coñecer ao protagonista en carne e óso.
Queremos transmitirlle a Christian Escuredo o noso agradecemento por ternos regalado o seu tempo e amosarlle o noso orgullo por telo como antigo alumno do centro. Esperamos que o éxito continúe sorríndolle.
Queremos transmitirlle a Christian Escuredo o noso agradecemento por ternos regalado o seu tempo e amosarlle o noso orgullo por telo como antigo alumno do centro. Esperamos que o éxito continúe sorríndolle.
xoves, 19 de novembro de 2015

A busca da verdade como forza liberadora, como soporte ético imprescindible para sobrelevar o transcorrer dunha vida, está no centro desta novela maxistral.
Un pequeno castelo de caza en Hungría, ao pé dos Cárpatos, onde algunha vez se celebraron elegantes veladas nos seus salóns decorados ao estilo francés, cambiou radicalmente de aspecto.
Dous homes maiores, que foron amigos de mozos, cítanse para cear despois de moitos anos sen verse.
O día 30 de novembro reunirémonos ás 17:30 para comentalo
xoves, 18 de xuño de 2015
A primeira fin de semana de 1989 unha insistente chamada de teléfono arranca da súa resaca ao tenente Mario Conde, un policía escéptico e desenganado. El Viejo, o seu xefe na Central, chámao para encargarlle un misterioso e urxente caso: Rafael Morín, xefe da Empresa de Importacións e Exportacións do Ministerio de Industrias, falta do seu domicilio desde o día de Aninovo. Quere o azar que o desaparecido sexa un ex compañeiro de estudos de Conde, un tipo que xa entón, aínda acatando as normas establecidas, destacaba pola súa brillantez e autodisciplina.
Esperamos que esta lectura nos faga agradable o verán
Reunirémonos o día 21 de setembro ás 17:30
Esperamos que esta lectura nos faga agradable o verán
Reunirémonos o día 21 de setembro ás 17:30
venres, 5 de xuño de 2015
luns, 25 de maio de 2015
Celebración do Día do libro 2015
O pasado 23 de abril, coincidindo coa celebración do cuarto centenario da publicación do Quixote, Saúl Vega Chimeno de 1º de bacharelato e Saúl Rodríguez Regueira e Ana Cao Cao de 4º de ESO, representaron unhas adaptacións de dúas escenas da novela de Cervantes, baixo a preparación e coordinación das profesoras Marta Cortés Fernández e Mª Luísa Rigueira Rodríguez. As representacións tiveron lugar nas aulas do centro para que puideran chegar a todo o alumnado e persoal docente e non docente.
A primeira é a famosa escena dos muíños na que Don Quixote se enfronta a eles tomándoos por xigantes.
Na seguinte escena Don Quixote da consellos a Sancho Panza antes de que se converta en gobernador da "ínsula Barataria"
O 15 de novembro de 1959, nunha aldea de Kansas, os catro
membros da familia Clutter foron asasinados na súa
casa. Os crimes eran, aparentemente, inmotivados, e non se acharon as claves que permitiran identificar os asasinos. Cinco anos despois,
Dick Hickcock e Perry Smith foron aforcados como culpables das
mortes.
O próximo 15 de xuño ás 19:30 reunirémonos para comentalo
O próximo 15 de xuño ás 19:30 reunirémonos para comentalo
luns, 20 de abril de 2015
Nesta novela Begoña Caamaño relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe, un dos mitos centrais da cultura europea. Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres.
O próximo 18 de maio ás 19:30 reunirémonos para comentalo
venres, 27 de marzo de 2015
mércores, 4 de marzo de 2015
A peste narra as consecuencias do illamento de toda unha
cidade, o que pon de manifesto o mellor e o peor que cada un dos seus cidadáns leva dentro: os seus medos, as súas traizóns,
o individualismo, mais tamén a solidariedade, o espírito de colaboración cos
demais en tarefas comúns. Novela apaixonante, de grande densidade de pensamento
e de profunda comprensión do ser humano, que se converteu nun dos clásicos máis
indiscutibles da literatura francesa de todos os tempos.
PRÓXIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA: LUNS 13 DE ABRIL, ÁS 19.30.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























