É un libro
para todas as idades onde podes desfrutar dunha historia entretida que varía
segundo quen a conte pois, cada persoa ve a realidade de distintas maneiras e
non sempre existe unha única verdade". Axuda a practicar a empatía e a
afrontar as dificultades que presenta a vida mesma.
Maite Núñez
É unha historia
incrible e inspiradora. Móstranos o vulnerables que somos todos en determinadas
situacións e o crueis que poden ser moitos nenos xulgando aos demais unicamente
polas súas aparencias. Toca un tema moi destacable na actualidade: o bullying. A forma na que
nolo mostra é moi profunda, xa que nos ensina como o viven os que o sofren pero
tamén os que o provocan. Ensinoume que aínda que todos non sexamos iguais,
merecemos ser tratados do mesmo modo e sempre con respecto. Ademais fíxome
reflexionar outra vez diferentes aspectos da miña vida que grazas a miña
experiencia persoal puiden abordar mellor. É unha lectura que todos deberiamos
ler para razoar e saber o que de verdade senten aquelas persoas que o
sofren e así poder axudalas.
Marta Cao
As razóns polas que
todo o mundo debería ler este libro son moitas, pero as máis destacadas son as
seguintes. Este relato axuda a sensibilizar aos máis pequenos contra o acoso
escolar xa que vemos a dor que provoca en August e como se ven afectados os
seus sentimentos. Por outra parte, este libro axúdanos a normalizar e a aceptar
a este tipo de nenos e nenas xa que se mostra que é un neno como os demais, que
lle gusta divertirse, que lle encantan os astronautas , que lle encanta falar
coa xente. Ademais de toda a empatía que provoca en nós, tamén queda reflectida
a forza de superación que ten August, e todo isto fai darnos conta que cando as
cousas se poñen difíciles, nunca hai que renderse. Ao principio será duro, pero
neste caso, se August é una boa persoa, iso primará máis que todos os seus
“defectos”, por chamalos de algún modo. O importante é a esencia, e non como
pensa a xente a estética. É por último, pero non menos importante, a familia.
Neste libro, amósase que August ten una familia peculiar, na que por parte do
pai e da nai xorden inseguridades e temores sobre o seu fillo. Pero o que realmente
importa, é que estes pais e a súa irmá, como todas as familias sempre queren o
mellor para ti, e axudaranche sempre que o necesites. A familia sempre está aí,
para o bo e o non tan bo.
Sandra Ramos