venres, 18 de decembro de 2015


Este libro, que se publicou por primeira vez en 1948, ten hoxe a consideración dun clásico da literatura. Baseada nunha lenda mexicana, conta a historia dunha perla, grande coma un ovo de gaivota, tan fermosa e perfecta como a lúa, que un día cambia dun xeito radical a vida de Kino e da súa familia. Dende entón, o propio Kino, a súa muller Juana e Coyotito, o fillo de ambos, vanse ver afectados pola posesión desta perla. A sorte desta familia humilde é seguida polo lector co dramatismo que Steinbeck lle imprime ao seu relato.










O día 11 de xaneiro reunirémonos para comentalo.

CHRISTIAN ESCUREDO CON NÓS

Christian Escuredo volveu ao seu antigo instituto o día 23 de novembro para presentar a súa última película A pesar de todo, quérote. O alumnado de 1.º de BAC tivo a gran oportunidade de coñecelo e falar con el da súa traxectoria artística. A película encantoulles, porque é unha mestura de amor e acción, pero, sobre todo, emocionoulles poder coñecer ao protagonista en carne e óso.
Queremos transmitirlle a Christian Escuredo o noso agradecemento por ternos regalado o seu tempo e amosarlle o noso orgullo por telo como antigo alumno do centro. Esperamos que o éxito continúe sorríndolle.

xoves, 19 de novembro de 2015




A busca da verdade como forza liberadora, como soporte ético imprescindible para sobrelevar o  transcorrer dunha vida, está no centro desta novela maxistral.
Un pequeno castelo de caza en Hungría, ao pé dos Cárpatos, onde algunha vez se celebraron elegantes veladas nos seus salóns decorados ao estilo francés, cambiou radicalmente de aspecto.
Dous homes maiores, que foron amigos de mozos, cítanse para cear despois de moitos anos sen verse.


O día 30 de novembro reunirémonos ás 17:30 para comentalo

xoves, 18 de xuño de 2015

A primeira  fin de semana de 1989 unha insistente chamada de teléfono arranca da súa resaca ao tenente Mario Conde, un policía escéptico e desenganado. El Viejo, o seu xefe na Central, chámao para encargarlle un misterioso e urxente caso: Rafael Morín, xefe da Empresa de Importacións e Exportacións do Ministerio de Industrias, falta do seu domicilio desde o día de Aninovo. Quere o azar que o desaparecido sexa un ex compañeiro de estudos de Conde, un tipo que xa entón, aínda acatando as normas establecidas, destacaba pola súa brillantez e autodisciplina. 



Esperamos que esta lectura nos faga agradable o verán


Reunirémonos o día 21 de setembro ás 17:30

luns, 25 de maio de 2015

Celebración do Día do libro 2015

   O pasado 23 de abril, coincidindo coa celebración do cuarto centenario da publicación do Quixote, Saúl Vega Chimeno de 1º de bacharelato e Saúl Rodríguez Regueira e Ana Cao Cao de 4º de ESO, representaron unhas adaptacións de dúas escenas da novela de Cervantes, baixo a preparación e coordinación das profesoras Marta Cortés Fernández e Mª Luísa Rigueira Rodríguez. As representacións tiveron lugar nas aulas do centro para que puideran chegar a todo o alumnado e persoal docente e non docente.
   A primeira é a famosa escena dos muíños na que Don Quixote se enfronta a eles tomándoos por xigantes.
   Na seguinte escena Don Quixote da consellos a Sancho Panza antes de que se converta en gobernador da "ínsula Barataria"

 O 15 de novembro de 1959, nunha aldea de Kansas, os catro membros da familia Clutter foron  asasinados na súa casa. Os crimes eran, aparentemente, inmotivados, e non se acharon as claves que permitiran identificar os asasinos. Cinco anos despois, Dick Hickcock e Perry Smith foron aforcados como culpables das mortes.
















O próximo 15 de xuño ás 19:30 reunirémonos para comentalo

luns, 20 de abril de 2015









Nesta novela Begoña Caamaño relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe, un dos mitos centrais da cultura europea. Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres.









O próximo 18 de maio ás 19:30 reunirémonos para comentalo
VISITA DE ELENA GALLEGO

O pasado día 23 visitou ao alumnado de 1º de ESO  a escritora Elena Gallego para compartir  impresións sobre a súa novela Dragal I. A herdanza do dragón.










venres, 27 de marzo de 2015

mércores, 4 de marzo de 2015




 A peste narra as consecuencias do illamento de toda unha cidade, o que pon de manifesto o mellor e o peor que cada un dos seus cidadáns  leva dentro: os seus medos, as súas traizóns, o individualismo, mais tamén a solidariedade, o espírito de colaboración cos demais en tarefas comúns. Novela apaixonante, de grande densidade de pensamento e de profunda comprensión do ser humano, que se converteu nun dos clásicos máis indiscutibles da literatura francesa de todos os tempos.
PRÓXIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA: LUNS 13 DE ABRIL, ÁS 19.30.