mércores, 27 de novembro de 2019









Un neno escapado de casa, escoita os berros dos homes que o buscan. Cando a partida pasa, o que queda é a chaira infinita e árida que deberá atravesar se quere afastarse daquilo que o fixo fuxir. Unha noite, os seus pasos crúzanse cos dun vello cabreiro. Intemperie narra a fuxida dun neno a través dun país castigado pola sequía e gobernado pola violencia. Un mundo pechado, sen nomes nin datas, e sen moral.


O próximo luns, 16 de decembro reunirémonos para comentalo.

Samaín

 






                 



           Os rapaces e rapazas premiados no concurso dos relatos de terror en galego foron:

           1º de ESO Duarte Domínguez e Pablo Fernández
           2º de ESO Zoe Ramos
           3º de ESO  Antela Roo
     
          Os premiados polos relatos de terror escritos en inglés foron:
         
          1º de ESO Diego Nogueiras
          2º de ESO Miguel Ortiz

xoves, 14 de novembro de 2019

Club de lectura








Despois de comentar Germinal e O Cabo do Mundo, comentaremos este libro de Marco Balzano.



Cando a guerra chega á porta da casa, a poboación foxe. Iso é o que fai a maioría da xente, pero non Trina, unha mujer forte. As palabras son a única arma desta mestra decidida; palabras  para escribir á súa filla desaparecida, coa esperanza de que un día volva; palabras que contan o destino dunha familia en tempos convulsos; palabras para expresar a fidelidade aos ideais de xuventude e á resistencia. 




O próximo luns 25 de novembro reunirémonos para comentalo.




O día 25 de outubro o alumnado de 3º da ESO visitou a Casa de Rosalía de Castro en Padrón

luns, 20 de maio de 2019

Club de lectura

Esta brillante novela narra a historia de Tim Madden, escritor fracasado adicto ao bourbon, os cigarros e as louras con diñeiro no escenario de arbustos e dunas de Provincetown, cargado da crueza e melancolía da poboación fóra de temporada.

O próximo luns 17 de xuño ás 17:30 reunirémonos para comentalo.


Para conmemorar o Día do Libro o Departamento de Lingua Castelá e Literatura contou coa presenza da educadora familiar Elisa Maneiro. Acudiu ao centro o 23 de abril na súa faceta de contaconcontos para acercar aos nenos de 1º de ESO a mitoloxía grega.
O trece de maio tivemos unha videoconferencia coa escritora Sonia Mirón. Comunicouse con nós para contarnos cousas relacionadas coas lecturas Un sol dentro de mí e Si tú quieres que tanto gustaron ao noso alumnado de 2º e 3º de ESO.

venres, 26 de abril de 2019

Club de lectura





A moza Kambili, de quince anos, e o seu irmán maior, Jaja, levan unha vida privilexiada na cidade nixeriana de Enugu. Viven nunha fermosa casa e asisten a un elitista colexio relixioso, pero a súa vida familiar non é harmoniosa. O seu pai, un poderoso e respectado home de negocios, é un fanático católico que alenta expectativas de agarimo imposibles de cumprir. Cando os rapaces visitan durante uns días a cariñosa e atrevida tía Ifeoma no seu humilde piso, descobren un mundo totalmente novo: as continuas risas dos seus curmáns, as flores exuberantes, o respecto polas ideas, a liberdade, o amor e a ausencia de castigos.  









O próximo luns, seis de maio ás 17:30 reunirémonos para comentalo.

martes, 2 de abril de 2019













O día 22 de febreiro visitounos o escritor Ricardo Gómez para falar co alumnado de 2º da ESO sobre o seu libro La isla de Nuncameolvides e co alumnado de 4º da ESO do libro Juegos inocentes juegos.

venres, 1 de marzo de 2019
















O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur.


O próximo día 8 de abril ás 17:30 da tarde reunirémonos para comentalo.



A semana do 18 ao 22 homenaxeamos a Rosalía

venres, 8 de febreiro de 2019

Manifesto




Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2019


*Manifesta que escribe, escribe, escribe. E a escritura é unha acción.
 *Manifesto eu que escribir ela así no seu tempo é unha acción contra os grillóns da escravitude. Libre o seu pensamento
 *Manifesta o poema 
o espolio                     dunha perenne miseria,
as violacións                a roupa de cote puñéronma en tiras,
a inxustiza social          sin abrigo tembra,
os desafiuzamentos      embargaránnos todo,
o abuso laboral            que se amargo pan vos ganan / dádesllo envolto en veneno
os éxodos                    en errantes hordas.

Do XIX ao XXI

*Manifesto eu que un poema con palabras da lingua que eu falo –que non é aquela que bastardean nas mais ilustradisimas provincias– aínda hoxe é un Manifesto. miña infeliz patria tan desventurada 
*Aqués que tén fama de honrados na vila. Galicia. Ano 2017. 82 agresións sexuais
raposos de sangre maldita. Galicia. Ano 2017. 6436 denuncias por violencia de xénero
vendéume a xusticia. manda, manda, manda, fato, rabaño
Dun golpe! 
                                – Manifesta acción o poema  
*Na xa vella baranda un corpo fala. Arrima o seu seo e no frío da reixa tatúa incisións. Traspasa as nosas carnes. 
*Estas migallas de liberdade. Alertou. Tenteamos nós compracentes os rostros que nos cegan. 
*Aquelas escuras e valerosas heroínas que viven e morren levando a cabo feitos marabillosos por sempre ignorados. – Manifesta que existen  
*De humanos seres a compauta linea polas fronteiras pechadas en columnas nómades, en fronte o arame.

Do XIX ao XXI

*Escrito en medio de todos-los desterros Manifesta que sabe que non a escoitan  
*Do meu dor sin igual i a miña afrenta traidora se mofaban. Prende o computador, algún dispositivo. Ladran. 
*Manifesta que o poema é o lugar onde a voz afía a sombra
*Indóciles nos camiños desertos eses versos. 
*Cantos de independencia e liberdade. Manifesto. 
*Acción que se inunda e anega. Cantarte hei  

Ana Romaní
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#LibreOMeuPensamento_rdc_19

Club de lectura

No verán de 1956 desapareceu en Nova York Jesús Galíndez, representante do Goberno vasco no exilio ante o Departamento de Estado norteamericano. Foi secuestrado, torturado e asasinado, e todas as sospeitas apuntaron á man mano negra do ditador da República Dominicana Rafael Leónidas Trujillo. Como acabou conectado un político vasco coas cloacas políticas dun Estado caribeño? Traballaba Galíndez como axente encuberto para os servizos secretos estadounidenses? Estaba vinculado a escuras tramas conspirativas? Foi un heroe idealista ou un vilán maquiavélico? Cal era o pasado dese personaxe?







O próximo luns 25 de febreiro ás 17:30, reunirémonos para comentalo.