Benvidos á Biblioteca do IES Martaguisela. Actividades, suxestións, novidades, curiosidades.... todo isto e moito máis ten o seu oco nesta páxina. Compartide esta aventura!!
martes, 23 de febreiro de 2016
O achádego dun cadáver no encoro de Olba pon en marcha a narración. O seu protagonista, Esteban, viuse obrigado a pechar a carpintería da que era dono, deixando no paro aos que traballaban para el. Mentres se encarga de coidar a seu pai enfermo, Esteban indaga nos motivos dunha ruína que asume no seu dobre papel de vítima e verdugo, e entre estes cascallos atopamos os valores dunha sociedade, un mundo e un tempo. O benestar e o seu reverso a cobiza e os falsos proxectos, convertidos en materiais de derribo.
O luns 11 de abril ás 17:30 reunirémonos para comentalo.
venres, 12 de febreiro de 2016
O luns 1 de febreiro tivemos a gran sorte de ter con nós a Raquel Queizás (http://www.raquelqueizas.com/). Ela foi a encargada de dirixir unha sesión de animación á lectura destinada ao alumnado de 1.º ESO. O acto levouse a cabo no escenario do salón de actos do centro, nunha ambientación misteriosa, posto que os relatos que se ían representar así o requerían: "A pata de mono" (W. W. Jacobs) e "A almofada de plumas" (H. Quiroga).
O alumnado gozou moito desta actividade interactiva na que tivo que resolver misterios e situacións conflitivas.
xoves, 11 de febreiro de 2016
É o libro máis lido e traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morren os paxaros".
O 15 de febreiro ás 17:30 reunirémonos para comentalo.