xoves, 30 de abril de 2020

Hoxe recomendamos




Un dos meus libros favoritos é La niña que recorrió tierra fantástica en un barco hecho por ella misma unha obra chea de aventuras que segue a historia dunha nena e a súa viaxe por lugares fantásticos. Unha das mellores características deste libro son os personaxes e todos os animais fantásticos que aparecen. Este é un libro perfecto para todos aqueles aos que lles fascine esa temática, podendo ser comparado con outras obras coma Alicia no país das marabillas.

Lidia López

mércores, 29 de abril de 2020

Hoxe recomendamos


   CARTA AL MUNDO

Mejor desencontrarnos -
Tú ahí — Yo — aquí
  con la puerta abierta

 que el Océano es — y la plegaria

 y ese Blanco Sustento —
 la Desesperación       
 

Son versos recollidos dos poemas que forman " Carta al mundo",  de Emily Dickinson, poeta estadounidense do século XIX. Ela sentía pánico ao exterior, a súa vida transcorreu nunha habitación, a través dunha ventá cara ao mundo. Só alguén que experimenta o sentimento de illamento e clausura tan ben coma ela pode concentralo en tres versos ( son os que destaco en negriña ).  Hoxe, a meirande parte de nós, pode que entendamos mellor a esta poeta que tan ben e con tan poucas palabras soubo resumir este desacougo actual no que vivimos. 

    Marta Cortés


martes, 28 de abril de 2020

Hoxe recomendamos




Resumo do libro
Niko Mir, era un rapaz solitario de 14 anos, non se imaxina as consecuencias que lle carrexará non seguir o camiño que cada día recorre para chegar a o instituto. Ao variar a súa ruta, descobre unha casa que nunca antes vira. Atraído pola curiosidade se entrará nela e  verase inmerso nun estraño universo. Dentro do mundo cuántico no que ocorren cousas sorprendente.

Gustoume moito xa que é un libro que ten unha historia interesante que non te aburre e sobre a marcha vai deixando enigmas e explicacións científicas sobre as células que son moi fáciles de entender. 
                                                 Mario Álvarez



luns, 27 de abril de 2020

Hoxe recomendamos






O libro que eu recomendo é Anagnórise. É un libro que volvería ler unha e outra vez é nunca me cansaría. A relación de Nicolau coa muller que o leva no coche encantoume, o misterio ata o último momento fai que a historia sexa marabillosa, tamén o recomendo porque foi unha novela que conseguiu evadirme da miña realidade para centrarme na que ocorría nesa viaxe. Sen dúbida un dos meus libros favoritos.
Amparo Laura Rodríguez

venres, 24 de abril de 2020

Hoxe recomendamos




Donde los árboles cantan

Gustoume este libro porque me enganchou bastante a historia de amor e ese toque de fantasía que ten.


Andrea Fernández

xoves, 23 de abril de 2020

Día do libro



Ana Fernández do Departamento de Lingua Galega quixo celebrar o Día do Libro mesmo desde o confinamento elaborando un vídeo. Con el queremos render unha homenaxe a toda a comunidade educativa e moi especialmente ao noso alumnado

Hoxe recomendamos





Por estar recente o pasamento de Luis Sepúlveda préstame facerlle esta humildísima homenaxe de propor un libro seu que, no seu día, moito me gustou: Un viejo que leía novelas de amor .


 Manuela Fernández


martes, 21 de abril de 2020

Hoxe recomendamos









Recomendo O Mundo de Sofía, para aqueles interesados na filosofía. É unha forma entretida de coñecer a historia dos grandes pensadores.


Inés Cao

luns, 20 de abril de 2020

Hoxe recomendamos





Guardianes de la Ciudadela I. El Bestiario de Axlin
Recomendo este libro, porque é unha novela que che fai ter os ollos abertos fronte ao perigo dos monstros. Axlin, a nosa protagonista, cre que para defenderse mellor hai que coñecelos, polo que emprende unha dura, longa e perigosa viaxe a través dos infestados camiños para completar o seu bestiario. Embárcate nunha aventura chea de romance, acción, terror e suspense. Listo para empezar?


Andrea Paradelo

venres, 17 de abril de 2020

Hoxe recomendamos





Recomendo este libro porque se es unha persoa á que lle gustan os libros de misterio e á vez con historias de amor polo medio, este libro é unha boa opción para escoller. Ademais, é un libro no que se pode identificar un mesmo con personaxes ou nalgunha situación que suceda. Por último, gustaríame engadir que é moi divertido de ler e non é complicado.

Candela Fusaro

8 de marzo













Para conmemorar o Día da Muller, o alumnado de 1º de BAC de Artes elixiu unha muller que consideraban importante e despois de informarse sobre ela, fixeron retratos de grande calidade
Este é o fermoso resultado do Obradoiro que se impartiu na biblioteca do centro os días 19 e 20 de febreiro e no que participou o alumnado de 2º da ESO. Elaboraron diferentes tipos de máscaras.

xoves, 16 de abril de 2020

Para conmemorar o Día de Rosalía, o noso alumnado de 2º de ESO e de 2ª de BAC escolleu os seus poemas favoritos e púxoos nas estrelas para que todo o alumnado do centro os puidese ler.

Visita da autora

O día 21 de febreiro o alumnado de 1º da ESO tivo a sorte de compartir coa autora Antía Yáñez as impresións que lles produciu a lectura da súa novela O misterio do torque de Burela. Moitas grazas por acompañarnos.