venres, 18 de decembro de 2015


Este libro, que se publicou por primeira vez en 1948, ten hoxe a consideración dun clásico da literatura. Baseada nunha lenda mexicana, conta a historia dunha perla, grande coma un ovo de gaivota, tan fermosa e perfecta como a lúa, que un día cambia dun xeito radical a vida de Kino e da súa familia. Dende entón, o propio Kino, a súa muller Juana e Coyotito, o fillo de ambos, vanse ver afectados pola posesión desta perla. A sorte desta familia humilde é seguida polo lector co dramatismo que Steinbeck lle imprime ao seu relato.










O día 11 de xaneiro reunirémonos para comentalo.

CHRISTIAN ESCUREDO CON NÓS

Christian Escuredo volveu ao seu antigo instituto o día 23 de novembro para presentar a súa última película A pesar de todo, quérote. O alumnado de 1.º de BAC tivo a gran oportunidade de coñecelo e falar con el da súa traxectoria artística. A película encantoulles, porque é unha mestura de amor e acción, pero, sobre todo, emocionoulles poder coñecer ao protagonista en carne e óso.
Queremos transmitirlle a Christian Escuredo o noso agradecemento por ternos regalado o seu tempo e amosarlle o noso orgullo por telo como antigo alumno do centro. Esperamos que o éxito continúe sorríndolle.