mércores, 29 de outubro de 2014

Sofía de los presagios

A próxima reunión do club de lectura será o 24 de novembro ás 17:30. O libro sobre o que falaremos é Sofía de los presagios de Gioconda Belli

SINOPSE

Á idade de sete anos, a pequena Sofía pérdese entre a xente mentres os seus pais discuten e se desprazan atropeladamente os xitanos. Aínda que o destino lle brinda outros país entrañables e un mundo novo, tamén a enfronta a moitas situación dolorosas e á prepotencia patriarcal de René, un marido que a encerra e a deixa sen a súa liberdade. Protexida por seres dotados dunha sabedoría milenaria, o sangue e a rebeldía xitanas de Sofía impóñense a través de rituais e cerimonias antigas, que a conducen cara a súa verdadeira orixe e a dar, por fin, co amor da súa vida. Sofía de los presagios permítenos adentrarnos no mundo máxico dunha das grandes narradoras do noso tempo. Como xa fixera en La mujer habitada, Gioconda Belli debuxa unha personaxe feminina fascinante, guiada polo seu instinto natural, que se perfila como o epicentro dun universo literario cargado de sensualidade, erotismo e feminidade.

mércores, 8 de outubro de 2014

QUEN NON ADORA A DORA?

A próxima reunión do club de lectura será o 27 de outubro ás 17:30. O libro sobre o que falaremos é Quen non adora a Dora? (Na morna luz do esquecemento)
Acompañaranos o seu autor Basilio Cobo Rodríguez



SINOPSE

Mercedes, unha rapaza galega de 14 anos vírase obrigada polas circunstancias -a morte accidental do seu pai- a emigrar á Habana na procura dos aforros desaparecidos que este tiña preparados para o seu retorno inmediato a España.
Tarda en dar cun amigo do seu pai, que co seu silencio, responde a todas a todas as súas preguntas. A vida segue, e 15 anos despois, xa en Galiza durante a Guerra Civil, Mercedes e a súa cuñada máis nova, Dora, buscarán infrutuosamente respostas que permitan liberar da cadea a Henrique, marido de Dora.
O destino levará a Mercedes a atoparse co mesmo esclarededor oráculo que deixara perdido na Habana.
A Habana, o Valdeorras e Bos Aires son a xeografía física e política desta vibrante historia de amor, vida e morte que protagonizan homes e mulleres do común durante a primeira metade do século XX.